ALEVÍNS. TORNEO DE BARALLOBRE.

SDR Numancia de Ares. Alevíns 2010-2011. Torneo de Barallobre. O Ramo.UNHA NOVA APRENDIZAXE

O Numancia de Ares alevín participou este sábado no cuadrangular do Torneo de Barallobre. 

Barallobre 11 de setembro de 2010.

Estos foron os xogadores participantes no mesmo, os 14 xogadores que conforman actualmente o plantel numantino.


NUMANCIA: Adrián, Fernando, Fran, Antonio, Javi, Adri, Alex, Alexis, Piñeiro, Antón, Pablo, Alejandro, Diego e Luís.

Os anécdoticos resultados foron os seguintes:

BARALLOBRE “B” 0 – NUMANCIA 10 (Semifinal do Torneo)

PERLIO 7 – NUMANCIA 0 (Final do Torneo)

Polo tanto o Numancia quedou subcampión deste Torneo.

Dous novos partidos de preparación para o Numancia alevín. Segue o acoplamento o equipo dos xogadores de primeiro ano. Seguimos vendo tamén o bo trato que lle dan os nenos o balón e o ímpetu que poñen por defender a camisola vermella. Queda moita tempada e moita aprendidaxe por diante, novos amigables e logo a competición.
 O importante é o bo ambiente vivido neste Torneo entre xogadores, adestradoes país e nais; en definitiva, unha excusa, a do fútbol para pasalo ben todos xuntos por a comarca adiante. Seguimos a ruta, pronto chegará o Torneo Concello de Ares, aínda que antes quedan adestramentos e quizais un partido amigable. Seguiremos informando.

¡¡¡Vemonos en Prados Vellos¡¡¡


¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.