BENXAMÍNS. NUMANCIA, 2 - R. SAN PEDRO "B", 6.

SDR Numancia de Ares. Benxamíns 2009-2010. Numancia 2 - R. San Pedro SEGUIMOS NAS MESMAS. NOVA FALTA DE COMPROMISO.

  

 

Ares, 8 de maio do 2010.

30ª xornada de liga, categoría benxamín, grupo 1.

NUMANCIA, 2 – RACING SAN PEDRO “B”, 6.

ALINIACIÓN: polo Numancia xogaron: Iván, Pablo, Víctor, Jaime, Alejandro, Martín e Diego.

GOLES:
0 – 1: min. 11: tiro do dorsal nº 6 do San Pedro, o balón peta no poste e o nº 10 marca a placer.
0 – 2: min. 13: balón bombeado polo nº 7 do San Pedro e introducese pola escadra dereita de Iván.
0 – 3: min. 18 balón que perde Víctor e de novo o dorsal nº 6 bate o gardameta local.
0 – 4: min. 20 tiro do dorsal nº 6 que colle a contrapé a Iván e logra batelo de novo.
1 – 4: min. 29 balón que controla Víctor e de forte disparo bate o gardameta do San Pedro.
1 – 5: min. 32 balón que colle o nº 6 no medio do campo, plantase só ante Iván e bateo por baixo.
1 – 6: min. 35 balón mal despexado por Jaime que lle cae nos pes o dorsal nº 8 que de forte disparo introduceo na portería local.
2 – 6: min. 39 barullo no área do San Pedro do que se aproveita Martín libre de marca para conseguir o segundo tanto local.

COMENTARIO:
Di o refrán "o home é o único animal que tropeza duas veces na mesma pedra". Hoxe o Numancia de benxamíns volveu xogar con sete xogadores (e xa van cinco veces) ante un equipo, o R. San Pedro, que se aproveitou desta circustancia pra se levar os tres puntos.
A pesares de ser poucos e mentras as forzas aguantaron o rapaces tiveron catro ocasións de gol moi claras que por desgracia non entraron. Dende esta crónica preguntarlle os pais dos rapaces "desparecidos" si non poden chamar avisando que os nenos non poden vir xogar. Porque si eles non poden, hai xogadores en prebenxamíns para votar unha man. Como puxen no encabezamento deste comentario esperemos que a os que non avisan se lles dé o premio no próximo encontro “de ser titulares", porque o premio só e para os que o merecen. E dende logo os sete de hoxe merecen isto é moito mais, porque xa no é a primeira vez que se ven sós ante o perigo.
Animo e a seguir loitando a pesares dos atrancos e intentar acabar da mellor maneira posible.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.