Benxamíns. Numancia, 5 - San Sadurniño, 0

SDR Numancia de Ares. Benxamíns 2009-2010. Numancia 5 - San Sadurniño 0. Prados Vellos.

 

Clasificación engañosa.

Sábado, 23 de xaneiro do 2010.

16ª Xornada, categoría benxamín, grupo 2º.
NUMANCIA, 5 – SAN SADURNIÑO, 0.

NUMANCIA: Iván, Alex, Antonio, Dani, Saúl, Martín, Víctor, Diego Varela, Pablo e Diego Vilar.

GOLES: Víctor (2), Saúl, Martín e Antonio.

COMENTARIO:
O fútbol é un deporte e como tal a lóxica moitas veces non ten cabida; hoxe en Prados Vellos foi un deses días. Presentábase o San Sadurniño con nove puntos de vantaxe sobre o seu rival (Numancia) e escoitando as verbas do seu adestrador,e algún siareiro, parecía que o partido estaba gañado antes de comezar (cantas veces lles ocorreu aos nosos); pero os partidos non rematan nin se gañan ata que o colexiado pita o final.
Partido dominado de principio a fin polo Numancia que aos cinco minutos de comezar xa gañaba 3 - 0 e sen que o equipo visitante dispuxese de ningunha ocasión clara de gol.
Dende hay dúas semanas veño dicindó e insistindo “os deportistas do Numancia pelexando e xogando en equipo poden alcadar mellores resultados”, “e que o primordial de todo isto que se chama fútbol é divertirse, facer deporte e sobre todo ser compañeiros uns dos outros”. Os partidos non os gañan dous ou tres senón os doce compoñentes do equipo.
Animo e a seguir nesta dinámica de pelexa.
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.