BENXAMÍNS. NUMANCIA, 0 - O VAL C, 1 EN MEIRÁS

MARTÍN: “COMPETIMOS ATA O ÚLTIMO MINUTO”

O sábado, o equipo benxamín do Numancia chegou ás semifinais do torneo de Meirás, perdendo pola mínima. Outro éxito para todos os integrantes desta categoría, tanto nenos coma monitores.

Ares, 5 de xuño de 2017.

Cos nenos desprazáronse Elías, Espiñeira e Martín, tres dos monitores debutantes esta temporada. A directiva do Numancia está moi satisfeita co labor desempeñada por todos eles, xunto con Borja. Nesta ocasión foi Martín o responsable de enviarnos a crónica do torneo. Aquí a temos:

“O pasado 3 de xuño de 2017, o Numancia de Ares benxamín foi disputar o primeiro dos torneos que se celebran despois de rematar a temporada, e nesta ocasión tocounos desprazarnos ata Meirás. En primeiro lugar, tiñamos unha fase de grupos nas que nos tiñamos que enfrontar aos seguintes equipos: Neda, San Pedro e Caranza, dos cales pasaban os 2 primeiros para a seguinte ronda.

ADR Numancia de Ares. Benjamines 2016-2017. Torneo de Meirás.

O primeiro partido disputábase contra o Neda ás 10:45. Este partido colleu aos nenos do Numancia algo durmidos, xa que os nenos non eran capaz de realizar boas combinacións; aínda que o Neda non era capaz tampouco de crear perigo na portería numantina. Na metade do partido, o Numancia encontrábase cun gol tras un mal despexe da defensa que acabaría entrando na súa portería. O partido remataba co resultado de 1-0 favorable ao Numancia.

O segundo partido disputábase ás 12:45 contra o San Pedro. Neste partido os rapaces do Numancia xa parecían máis espelidos ca no partido anterior e comezaron dominando o partido realizando boas combinacións e defendendo con gran intensidade ante os ataques directos que propoñía o San Pedro aproveitando a velocidades dos seus dianteiros enviando balóns ás costas da defensa. Na metade do partido, en 3 minutos o Numancia tras dúas boas xogadas combinativas logrou marcar 2 goles obra de Álex e Papa Omar. O partido remataría cun 2-0 favorable ao Numancia.

ADR Numancia de Ares. Benjamines 2016-2017. Torneo de Meirás.

 

 

O último partido de grupo disputaríase ás 15:30 da tarde contra o Caranza. Coma no primeiro partido os rapaces aresás saíron relaxados e non eran capaces de realizar o seu xogo ante un Caranza que os estaba a superar en intensidade. O partido foi moi físico con moita intensidade, pero sen moitas ocasións. Ao final do partido, o Numancia conseguía adiantarse no marcador cun saque de esquina botado por Lucas que introduce na portería realizando un gol olímpico. O partido acabou cun 1-0 favorable ao Numancia.

Tras un pleno de vitorias, o Numancia preparábase para xogar os cuartos de final contra o Val A ás 17:05. O partido foi dun claro dominio numantino no que o Numancia tiña a posesión de balón e as ocasións de gol. O resultado do partido foi de 3-0 para o Numancia, pero daba a sensación era que o resultado puido ser maior debido as tantas ocasións claras erradas polo equipo numantino.

 

 

ADR Numancia de Ares. Benjamines 2016-2017. Torneo de Meirás.

 

Ás 18:15, o Numancia disputaría as semifinais contra o Val B. O partido comezou co Val B tendo a posesión do balón e o Numancia realizando una presión alta para incomodar á saída do balón. Tras 2 ocasións claras do Val B, o Val B marcaría o único gol do partido tras un rexeite que quedou na frontal da área e que aproveitou un xogador do Val B para poñer o balón pegado ao pau e no que  porteiro numantino non tiña nada que facer. Despois do gol o Numancia tirou de empuxe e intensidade para intentar remontar o partido, pero non era capaz de conseguir o gol. O partido remataría cun 0-1 favorable ao Val B.

En resumo, un torneo máis no cal o Numancia deu una boa imaxe realizando un bo fútbol e competindo todos os partidos ata o final”.

ADR Numancia de Ares. Benjamines 2016-2017. Torneo de Meirás.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.