BENXAMÍNS. FASE PROVINCIAL NA LARACHA.
NUMANCIA - DEPORTIVO DA CORUÑA, ÁS 11.40
O concello de Ares pon a disposición do club un autobús para trasladar a expedición numantina este sábado, 20 de maio a Laracha.
Ares, 16 de maio de 2017.
Con motivo da disputa da Fase provincial da categoría benxamín este vindeiro sábado en Laracha, o concello de Ares xestionou a contratación dun autobús para facilitar o desprazamento do equipo.
O primeiro partido, Numancia - Lalín, comezará ás 10.30 de mañá e, por tanto, a saída ten que ser ás 8.45 h. da mañá da Porta do Sol.
Deportivo - Numancia, ás 11.40 h. e Ural - Numancia, ás 12.50 h. son os outros partidos da fase previa. En función dos resultados pola tarde xogarán a Fase final ou a de consolación.
Como os partidos da tarde e entrega de premios rematarán a iso das 20.00 h. está prevista a chegada a Ares ás 21.00 h.
Todas aquelas persoas que estean interesadas en utilizar o autobús acompañando ao equipo poden solicitar reserva de praza chamando ao 619990258 (tlf. do Numancia).
A continuación, ofrecemos o enlace á nota de prensa enviada pola Concellaría de Deportes aresán, na que se recolle a felicitación ao club.
Tamén se pode consultar toda a información referente á celebración desta fase provincial na sé de Laracha, pinchando aquí.
Documento coa Nota de prensa do Concello de Ares.
Documento co Calendario do Grupo 2 Norte no que xogará o Numancia.