BENXAMINS. PERLIO, 4 – NUMANCIA, 6.
NO CAMIÑO CORRECTO
Partido correspondente a 3ª xornada de liga (1ª fase) benxamin no grupo C disputado na maña do pasado sábado 17 de outubro, ás 12:30 h, no campo municipal de Os Pinares (Perlío) e que rematou con vitoria do Numancia. Ao descanso o resultado era de 2 – 3.
FICHA TECNICA
PERLIO: David, Guillén (C), Brais, Martin, Xavier Dopico, Pedro, Lucas e Raúl Alonso. Tamén xogaron Xabier Pita, Raúl Lorenzo, Yago, Din e Izán.
Adestrador: Iván Rodríguez Rodríguez.
Delegado: Diego Rey Amado.
NUMANCIA: Leo, Lucas, Brais, Ángel, David Vilasánchez, Isma (C), Hugo e Luís. Tamén xogaron Marcos, Mateo, Dani e David Allegue.
Adestrador: Borja Vilasánchez Rodríguez.
Delegado: Ángel Blanco Cartelle.
ARBITRO: Daniel López Morais. Sen incidencias.
GOLES: para o Perlío Brais (2) e Raúl Lorenzo. E polo Numancia marcaron Isma (4), Brais, Ángel e Mateo (propia meta).
Chegaban á mañá doe sábado Perlío e Numancia compartindo liderado e grandes números na clasificación polo que se prevía un partido disputado ata o final. O certo é que o Perlío comezou máis forte e intenso que os de Ares durante os 10 primeiros minutos, aínda que sen achegarse á área visitante. A partir de aí, outro partido, dominio absoluto dos de Ares, logrando facer o seu xogo combinativo e creando moito perigo na área rival, levando o marcador ata 0 - 3 que, en dúas xogadas de infortunio visitante poñeríase en 2 - 3 ao descanso.
Na segunda metade o Numancia saíu coa mesma tónica coa que acabou na primeira e chegaría rapidamente o 2 - 4, o que supoñía tamén un “poker” particular de goles para Isma. Ángel e Brais asinaban o 2 - 5 e 2 - 6 co que o partido parecía case pechado. Nos últimos minutos o Perlío maquillaba o resultado con dous goles nos que os de Ares tampouco podían facer demasiado. En definitiva, gran vitoria dos de Ares nun partido cun marcador que non reflicte o visto no terreo de xogo.
O próximo fin de semana os benxamins do Numancia recibirán en Prados Vellos a visita da EF Racing de Ferrol “D”. O partido sin non hai trocos está fixado para o sábado 24, ás 11:30 h.
Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.