BENXAMINS. NUMANCIA, 5 – O VAL, 1.
OS DE ARES SENTENZAN NA PRIMEIRA METADE
Partido correspondente a 2ª xornada de liga (1ª fase) benxamin no grupo C disputado na tarde do pasado venres 9 de outubro, ás 18:00 h, no campo municipal de Prados Vellos (Ares) e que rematou con vitoria local. Ao descanso o resultado era de 5 – 0.
FICHA TECNICA
NUMANCIA: Oscar, Dani, Lucas, Brais (C), Ángel, David Vilasánchez, Isma e Aketx. Tamén xogaron Marcos, David Allegue, Hugo, Sergio e Luís.
Adestrador: Borja Vilasánchez Rodríguez.
Delegado: Ángel Blanco Cartelle.
O VAL: Antón Bogo, Hugo, Nicolás (C), Marcos, Iago, Xabier, Manuel e Antón Lorenzo. Tamén xogaron Pablo, Iván, Carlos, Antón Solloso, Enrique e Martín.
Delegado: José Ángel Basoa Rodríguez.
ARBITRO: Roberto Rodríguez Janeiro. Sen incidencias.
GOLES: polo Numancia marcaron David Vilasanchez (3´e 9´), Ángel (4´e 14´) e David Allegue (11´). Polo Val marcou Marcos (46´).
Recibía o Numancia a O Val para disputar a 2ª xornada da fase previa, no que se previa un bonito encontro.
O partido comezaba cos de Ares moi enchufados, desenvolvendo un bo xogo e acertando na portería rival para chegar con 5 - 0 ao descanso.
A segunda parte estivo moito máis igualada, O Val apertaba moito máis arriba para tentar unha remontada aínda que os de Ares tampouco sufrirían demasiado, e nos últimos minutos os valexos recortarían distancias nun disparo que tras rebotar nun defensa despistou a Marcos.
En definitiva gran partido e vitoria dos de Ares, que o próximo fin de semana xogarán a domicilio contra o Perlío en Os Pinares.
Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.
Galería fotográfica cortesía de Flor Carrasco.