BENXAMINS. CEBARCA, 2 – NUMANCIA, 2.

BO XOGO PERO FALTOU PUNTERÍA.

Empate do equipo benxamín da ADR Numancia de Ares a dous goles fronte o Cebarca na súa visita na maña do sábado ao Bernadino Breijo. O encontro correspondente a quinta xornada da 2ª fase da liga benxamín no grupo 2 chegou ó descanso cun marcador de 2 - 0.
 


A Barqueira, 24 de xaneiro de 2015

FICHA TÉCNICA

CEBARCA: David, Rubén, Daniel, Marcos, Adrián Fernández, Samuel, Sergio Pena e Víctor (C). Tamén xogaron Sergio Ramil, Nicolás, Adrián Freire, Fabián e Bruno.

Adestrador: Roberto González Romero.

Delegado: Víctor Couce González.

NUMANCIA: Miguel Iglesias, Brais, Aarón Valcarcel, Marquitos, David, Miguel Leira, Joel (C) e Marcos Rey. Tamén xogaron Carlos, Aarón García e Axel.

Adestrador: Eugenio Margharetto Rodríguez.

Delegado: Francisco Vilasánchez Bardanca.

ARBITRO. Roberto Díaz Cruz. Sen incidencias.

GOLES:

Cebarca: Marcos e Bruno.

Numancia: Marquitos e Miguel Leira.

Na mañá do pasado sábado e con bo tempo a expedición numantina benxamín desprazabase ata A Barqueira para disputar a quinta xornada de liga fronte ao Cebarca no campo de herba natural Bernardino Breijo.

Comezaba unha primeira parte na que lle custaría adaptarse á herba natural ao equipo visitante. Pasado os dez primeiros minutos os de Ares foron entrando en xogo e a facerse co control do partido. Serían varias as ocasións para os visitantes pero faltoulles a definición. Non lle sucedería así ao conxunto local que sí aproveitou as poucas ocasións de gol das que dispuxo. Así, Marcos no min. 20, e posteriormente Bruno no filo do descanso, si acertarían entre os tres paus defendidos por Miguel, para levar ao seu equipo ao descaso cun marcador de 2 – 0.

Na segunda metade volvería ser o conxunto de Ares o que levaría a voz cantante no terreo de xogo, obtendo o premio do gol cando corría o minuto 32, no que Marquitos poñía o 2 – 1. Catro minutos máis tarde, Miguel Leira establecía o empate. Continuou o partido co dominio dos Numancia no terreo de xogo, pero a falta de acerto condenou aos aresanos a deixarse dous puntos na Barqueira. Quizais un resultado un tanto inxusto, pero como di o dito ¡¡Goles son amores!!.

En resumo bo xogo do equipo, pero pouca puntería.

O próximo fin de semana o equipo benxamín do Numancia recibirá en Ares no que será a sexta xornada de competición ao Narón “B”.

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

 

 


Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.