BENXAMINS. NUMANCIA, 12 – CEDEIRA “B”, 2.

PRIMEIRA VITORIA DO ANO.

Partido correspondente á cuarta xornada da 2ª fase da liga benxamín no seu grupo 2 disputado na mañá do sábado en Prados Vellos entre Numancia e Cedeira "B" que rematou con vitoria local. Ao descanso o resultado era de 6 - 1.

 

Ares, 17 de xaneiro de 2014.

FICHA TÉCNICA

NUMANCIA: Miguel Iglesias, Carlos, Aarón García, Marquitos, Aarón Valcarcel, David Vilasánchez, Miguel Leira (C) e Joel. Tamén xogaron Iván, Axel, Marcos Rey e David López.

Adestrador: Eugenio Margharetto Rodríguez.

Delegado: Francisco Vilasánchez Bardanca.

CEDEIRA “B”: Víctor, Juan, Joel, Pablo, Diego García, Javier, Cesar (C) e Darío. Tamén xogaron Diego Miranda e Iago.

Delegado: Iván Fraguela Montero.

ARBITRO: Roberto Díaz Cruz. Sen incidencias.

GOLES:

Numancia: Aarón Valcarcel (3), Marquitos (3), Miguel Leira (2), Marcos Rey (2) David Vilasánchez e Iván.

Cedeira “B”: Javier e Diego Miranda.
 

 



Despois do parón do Nadal os benxamíns numantinos retomaban a competición ligueira ante o Cedeira "B" en Prados Vellos obtendo a primeira vitoria do recén estreado ano.

Pouca historia tivo un partido no que o Numancia foi claramente superior ao equipo visitante. Aos poucos minutos do inicio os de Ares poñía rápidamente o marcador nun claro 3 - 0, cos goles de David Vilasánchez, Marquitos e Aarón Valcarcel. Acurtaba distancias o Cedeira por medio de Javier, pero apenas se sacou do centro do campo e Aarón Valcarcel contrarrestaba o gol visitante. No tramo final da primeira parte anotaban Miguel Leira e Marcos Rey para deixar o marcador en 6 - 1 antes do descanso.

Comezaba a segunda parte, e nos primeiros minutos marcaban Aarón Valcarcel para os de Ares e case de seguido Diego Miranda para o Cedeira. A medida que foi transcorrendo o partido os goles foron caendo do lado local. Dous novos tantos de Marquitos, outro de Miguel Leira, Iván e Marcos Rey deixaban o resultado no 12 – 2 final.

O próximo fin de semana o equipo benxamín do Numancia desprazarase ata Cerdido para disputar a 5ª xornada de liga fronte á U.D. Cebarca.

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.