BENXAMINS. PERLIO, 6 – NUMANCIA, 1.

SET NA PRIMEIRA XORNADA.

Partido correspondente á 1ª xornada da 2ª fase da liga local benxamín no seu grupo 2º, disputado na tarde do pasado venres nas instalacións de Os Pinares entre o Perlio e Numancia que finalizou coa vitoria do equipo local. Ao descanso o resultado era de 3 - 0.


Fene, 6 de decembro de 2014.

FICHA TECNICA:

PERLIO: Pedro (C), Borja, Alejandro, Aitor, Mario, Víctor, Oscar e Martín. Tamén xogou Gael.

Delegado: Enrique Castro López.

NUMANCIA: Miguel Iglesias, Carlos, Iván, Brais, Aarón (C), Marquitos, Joel e Marcos Rey. Tamén xogaron David Vilasánchez, Axel e David López.

Adestrador: Eugenio Margharetto Rodríguez.

Delegado: Antonio Lemos Margharetto.

ARBITRO: Cristian Santos González. Sen incidencias.

GOLES:

Perlio: Alejandro (2), Mario, Martín, Gael e Víctor.

Numancia: Aarón.Benxamíns: Numancia - Perlio no memorial de Pedro García Vilar (06/09/2014)

Na tarde do pasado venres enfrontánbase en Os Pinares dous dos equipos chamados a comandar o grupo 2º da liga de benxamíns. Comezaba o partido con igualdade e poucas ocasións en ambas as dúas áreas. No minuto seis adiantábanse os locais cun disparo afastado de Mario que superaba por arriba o porteiro aresano. Buscaron os de Ares o empate, pero unha perda de balón atrás dos numantinos aproveitábaa Martín para poñer o 2 - 0 ao cuarto de hora de partido. Malia o resultado en contra os de Ares viñéronse arriba xerando varias ocasións de gol, dúas delas con disparo aos paus. Cando mellor estaban a facelo os de Ares, unha cesión atrás precedida dun saque de banda aproveitabao Gael para marcar o 3 - 0. Resultado algo inxusto en canto a ocasións creadas por ambos os dous bandos, pero co que se chegaría ao descanso.

Comezaba a segunda parte cos de Ares máis metidos no partido, froito diso recortaban distancias por medio de Aarón que poñía o 3 - 1. Co gol os de Ares viñéronse arriba, deixando algo desprotexida a zaga, situación que aproveitaron os locais para á contra facer subir dous novos goles ao marcador obra de Alejandro e Víctor. Nos minutos finais nunha xogada un tanto embarullada Alejandro establecía o definitivo 6 - 1.

En resumo, os pupilos de Genete non realizaron un bo partido, aínda que a dicir verdade recibiron un excesivo castigo a teor do visto no terreo de xogo.

A próxima semana o equipo benxamín do Numancia recibirá en Prados Vellos a visita do Galicia de Caranza "D".

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.