BENXAMINS. NUMANCIA, 18 - AMISTADE MEIRAS, 0.

FESTIVAL DE GOLES.

Partido correspondente á 7ª xornada da fase previa categoría benxamín, grupo 1º, disputado na maña do sábado en Prados Vellos e que rematou con vitoria do equipo local. Ao descanso o resultado era de 6 – 0 favorable a os de Ares.

 

Ares 1 de novembro de 2014.

FICHA TÉCNICA:

NUMANCIA: Miguel Iglesias, Aarón García, David Vilasanchez (C), Iván, Aarón Valcalcel, Joel, Marcos Margharetto e Miguel Leira. Tamén xogaron Axel, Brais, David López e Marcos Rey.

Adestrador: Eugenio Margharetto Rodríguez.

2º adestrador: Javier Lemos Margharetto.

Delegado: Antonio Lemos Margharetto.

AMISTADE MEIRAS: Iker, David, Gabriel, Manuel, Brayan, Adrián (C), Sergio Paris e Luís. Tamén xogaron Daniel, Sergio Vilela, Borja e Ian.

Adestrador: Alejandro Seijo Martínez.

Delegado: Juan Luís Cornide Redondo.

COLEXIADO: D. Adrián González Franco. Sen incidencias.

GOLES:

Numancia: Miguel Leira (5), David Vilasanchez (3), Axel (3), Marcos Rey (3), Iván (2), Joel e Aarón Varcarcel.

Na mañá do sábado recibía o Numancia ao conxunto benxamín do Amistade Meirás que integraba nas súas filas algúns xogadores prebenxamíns. Pouca historia tivo un partido no que o equipo numantino impuxose claramente aos de Valdoviño. Ao descanso o resultado xa reflectía un contundente 6 - 0, que se viu incrementado cunha ducia máis de goles no segundo período.

O próximo fin de semana os benxamíns do Numancia terán xornada de descanso. Para afrontar na semana seguinte o último partido da fase previa, onde os de Ares se desprazarán ata as instalacións do Beco para enfrontarse ao Cedeira.

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados e clasificación desta xornada.

 



Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.