BENXAMINS. NUMANCIA, 3 – EF CABANAS, 1.

OS PAUS PROTAGONISTAS DO PARTIDO.

Partido correspondente á 5ª xornada da fase previa da liga benxamín, grupo 1º, disputado na maña do sábado en Prados Vellos, e que rematou con vitoria do Numancia. Ao descaso o resultado era de empate a ceros.

 

Ares, 18 de outubro de 2014.

FICHA TECNICA

NUMANCIA: Miguel Iglesias, Carlos, Iván (C), Brais, Aarón, Marquitos, David Vilasánchez, e Marcos Rey. Tamén xogaron Axel, Miguel Leira e David Lopéz.

Adestrador: Eugenio Margharetto Rodríguez.

Delegado: Antonio Lemos Margharetto.

EF CABANAS: Manuel, June, Brais (C), David, Lara, Marcos, Valentín e Juan Pablo. Tamén xogaron Jaime, Martín Tenrreiro, Martín Pérez e Hugo.

Adestrador: Federico Javier Arias Lago.

Delegado: Luís Chicón García.

ARBITRO: D. Iván García Rey. Sen incidencias.

GOLES:

1 - 0: MIGUEL LERA (min. 29), disparo de Iván que dá no pau, no rexeitamento Miguel Leira adiantase ao porteiro, arrebatalle o balón, vaise cara ao centro da portaría e marca ante a oposición de David.

2 - 0: IVAN (min. 30), indecisión defensiva do Cabanas que aproveita Iván para facerse co balón e marcar.

2 - 1: MARCOS REI (min. 32), rexeitamento en defensa do Cabanas que chega á área local, onde a falta de entendemento entre o porteiro local e Marcos Rey provoca o gol en propia meta deste último.

3 - 1: MARQUITOS (min. 48), contragolpe do Numancia con disparo de Iván que rexeita Manuel, o rexeitamento recólleo Marquitos quen pica o balón por enriba do porteiro para marcar a porta baleira.

Primeira parte de dominio do Numancia pero que non materializaba as ocasións que creaba. Dous disparos ao pau, un de David e outro de Miguel Leira foron as mellores ocasións para os locais. O certo desorde do Numancia propicio algúns roubos de balón moi perigosos que o Cabanas non aproveito, o máis claro un man a man de David con Miguel, que afortunadamente para os de Ares se foi por enriba do longueiro. Nos minutos finais, Axel para os de Ares e Marcos para o Cabanas volvía estar desatinados de cara a porta e desaproveitaban senllas oportunidades. A falta de acerto provocou que se chegase ao descanso con empate a ceros.

Trepidante comezo da segunda metade con tres goles en apenas cinco minutos. Comezaba o segundo período cunha nova ocasión para os de Ares, pero Iván nun man a man co porteiro visitante tampouco acerta entre os tres paus. Poucos minutos despois, Iván volvía ser o protagonista dunha nova ocasión local cun disparo ao pau, pero esta vez o rexeitamento aproveitábao Miguel Leira para marcar o primeiro gol numantino. Apenas transcorrido un minuto, Iván aproveitabase dunha indecisión defensiva local para marcar o segundo gol dos de Ares. Case de seguido o Cabanas acurtaba distancias a consecuencia dun gol en propia porta de Marcos Rey, para poñerse o marcador nun 2 - 1.

Continuou o Numancia creando ocasións, pero os paus volvían interpoñerse na traxectoria do balón. Primeiro Miguel Leira e posteriormente Aarón volvían encontrarse co longueiro da portaría visitante. Para o Cabanas, Jaime non definía ante unha boa parada do meta aresano Miguel, e Martín tamén se encontraba co longueiro da meta local. Nos últimos suspiros do partido Marquitos establecía o definitivo 3 - 1.

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados e clasificación desta xornada.

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.