BENXAMINS. NUMANCIA, 11 – R. SAN PEDRO “B”, 0.
EMPACHO DE GOLES.
Partido correspondente á 3ª xornada de liga local benxamín, no sua primeira fase, disputado na mañá de sábado nas instalacións de Prados Vellos, e que rematou coa vitoria dos aresanos.
Ares, 4 de outubro de 2014.
FICHA TECNICA
NUMANCIA: Miguel Iglesias, Carlos, Iván, Aarón, Marquitos, Miguel Leira (C), Davicito e Marcos Rey. Tamén xogaron Brais, Axel e David López.
Adestrador: Eugenio Margharetto Rodríguez.
Delegado: Antonio Lemos Margharetto.
R. SAN PEDRO: Bruno, Fran, Hugo, Jorge, Javi (C), Adrián Lorenzo, Adrián Rey e Oscar. Tamén xogaron Iñaki e Yogo.
Adestrador: Luís Alberto Lobo Filgueira.
Delegado: Borja Sueiras Rodríguez.
ARBITRO: José Luís Corral Franco. Sen incidencias.
Partido de benxamíns sen moita historia, no que os pupilos de Genete e Antonio dominaron claramente durante os cincuenta minutos regulamentarios a un voluntarioso e loitador San Pedro. Ao descanso os de Ares tiñan un claro marcador de 5 - 0. Miguel Leira, Axel, Marcos Rey e David López (2), serían os autores dos tantos locais.
A segunda metade continuou polos mesmos rumbos, e os de Ares anotarían outros seis goles, para finalizar o partido co coñecido resultado de Numancia 11 - R. San Pedro "B" 0. Neste segundo período marcaron, Axel (2), Miguel Leira (2), Aarón e Marquitos.
Con tres xornadas disputas, dúas vitorias e unha derrota, os numantinos colócanse cuartos na clasificación xeral, empatados a puntos co San Sadurniño e o Cedeira.
O próximo fin de semana os de Ares visitarán o campo do líder, a SD O Freixo "B" de Narón. Encontro de suma importancia para manter aspiracións.
O noso agradecemento a José Manuel Leira por facilitarnos a reportaxe gráfica do partido.
PICA AQUÍ para ver os resultados da xornada e a clasificación.