BENXAMINS. NUMANCIA, 2 - ANIMAS, 4.
REMATOU A LIGA.
Partido correspondente á última xornada da liga local benxamín no seu grupo 2. Numancia e Ánimas estaban citados na tarde do pasado venres en Prados Vellos, coa cuarta, terceira, ou mesmo a segunda praza da clasificación en xogo, dependendo do resultado do Cedeira.
Finalmente non puido ser, os ferrolanos adxudicáronse a vitoria en Ares e o Cedeira empatou o seu partido. Polo tanto, segundo posto para o Cedeira, terceiro para o Ánimas e cuarto para o Numancia.
Ares, 30 de maio de 2014
FICHA TÉCNICA
NUMANCIA: Miguel, Chechu, Carlos, Jaime, Marquitos, Oscar, Lucas e Marcos Rey (C). Tamén xogaron Martina, Iván e Telmo.
Adestrador: Eugenio Margharetto Rodríguez.
Delegado: Francisco M. Iglesias Pena.
ANIMAS: Valeria, Daniel Rey, Cristian (C), Santana, Pita, Lucas, Daniel Manso e Álvaro. Tamén xogaron Alba, Jairo, Adrián, Andrea e Iván.
Adestrador: Juan J. Domínguez Senande.
Delegado: Pedro Pazos López.
ARBITRO: D. Christian Pérez Tejerina. Sen incidencias.
GOLES:
0 - 1: ALVARO (min. 12), perda de balón dos Ares no centro do campo, Iván faise con él e encara o porteiro local, Miguel rexeita o primeiro disparo visitante. Miguel e Iván pelexan pola posesión do balón na liña de fondo, finalmente o xogador ferrolano conségueo, abre cara atrás para Álvaro que bate a Miguel por arriba.
1 - 1: CHECHU (min. 15), saque de banda sobre Iván, éste prolonga para Chechu que marca de disparo cruzado axustado a base do pau.
1 - 2: IVAN (min. 17), balón ás costas da defensa local, o porteiro aresano dubida na súa saída, Iván faise co balón escórase a unha banda e marca a porta baleira.
1 - 3: DANIEL MANSO (min. 26), disparo de Daniel dende o lateral esquerdo da área que sorprende a Martina por arriba.
2 - 3: OSCAR (min. 33), saque de esquina que remata Oscar ao fondo da rede.
2 - 4: DANIEL MANSO (min. 35), disparo bombeado de Daniel dende tres cuartos de campo que supera o porteiro local por arriba.
Partido no que o equipo ferrolano se impuxo con claridade e xustiza aos locais. A férrea defensa e os rápidos contragolpes dos visitantes deron poucas opcións aos de Ares.
Adiantaríase no marcador o Ánimas por medio de Álvaro despois dunha perda de balón dos de Ares no centro do campo. Conseguirían empatar os de Ares por medio de Chehu nun dos poucos disparos a porta dos locais no primeiro tempo. Pouco duraría a alegría local posto que pouco despois Iván poñía o 1 - 2, resultado co que se chegou ao descanso.
Nada máis reiniciarse o segundo período, Daniel Manso sorprendía a Martina por arriba cun disparo lateral para establecer o 1 - 3. Sete minutos máis tarde volvían recortar distancias os locais tras rematar Oscar un saque de esquina para poner o 2 - 3. Pero de novo a alegría pouco duraría porque apenas uns minutos despois, de novo Daniel Manso volvía sorprender a Martina cun disparo afastado e establecía o 2 - 4 definitivo.