BENXAMINS. NUMANCIA, 7 - PORTUARIOS, 3.

VITORIA CONTUNDENTE ANTE O LÍDER.

Partido disputado en Prados Vellos nunha soleada tarde de venres, e na que nun gran partido os numantinos derrotaban ao líder da categoría. Esta vitoria aínda deixa con opcións aos aresanos de cara a clasificación final.

 


Ares, 2 de maio de 2014.

FICHA TECNICA

NUMANCIA: Miguel (C), Chechu, Marcos Rey, Diego, Jaime, Lucas, Markitos e Oscar. También jugaron, Manu, Carlos e Raúl.

Adestrador: Eugenio Margharetto Rodríguez.

Delegado: Francisco Manuel Iglesias Pena.

PORTUARIOS: Iker, Asier, Adrián, Aaron, Diego, Brais, Andrés e Canosa (C). También jugaron David, Manuel e Yerai.

Adestrador: Álvaro Martínez Salgueiro.

Delegado: José Luís Gandara Martínez.

ARBITRO: Agustín Eguren Prieto. Sen incidencias.

GOLES:

1 - 0: LUCAS (min. 9), disparo bombeado de Lucas á área que bota diante do porteiro superándoo por alto, o balón dá no pau dereito, rebota cara ao pau esquerdo e entra na portaría.

2 - 0: OSCAR (min. 19), saque de banda de Jaime sobre Oscar, este vaise de dous defensores cara a frontal da área para poñer o balón no pau longo.

3 - 0: LUCAS (min. 24), disparo de Lucas dende tres cuartos de campo que bota diante do porteiro superándoo por arriba.

4 - 0: ASIER (pp) (min. 28), saque de banda de Carlos sobre Óscar quen se interna polo lateral cara ao interior da área, centro ao segundo pau que toca en Asier e se coa en propia porta.

4 - 1: CANOSA (min. 33), libre directo de Canosa que touca Miguel, pero non o suficiente para evitar o gol.

4 - 2: DIEGO (min. 35), contragolpe visitante con sucesivos fallos defensivos en cadea dos locais, propician o gol de Diego de disparo raso.

5 - 2: OSCAR (min. 41), saque de esquina que bota Lucas, e Oscar remata de cabeza o fondo da rede.

5 - 3: CANOSA (min. 45), disparo afastado de Canosa que supera a Miguel por arriba.

6 - 3: OSCAR (min. 48) aperturar a banda esquerda para Markitos, pase a Lucas na liña lateral e éste apertura á frontal para Oscar que coloca o balón na escuadra.

7 - 3: JAIME (min. 49), xogada embarullada dentro da área pequena visitante na que acaba metendo o pé Jaime para coar mansamente o balón no fondo da rede.

 

 



Primeira parte do partido claramente controlado polo equipo local, que nestes primeiros vintecinco minutos xogou co vento a favor. Aos dez minutos, Lucas abría a lata de disparo afastado, e cinco minutos despois, Oscar marcaba o segundo. Pouco despois era novamente Óscar o que marraba unha nova ocasión local estrelando o balón no pau. Daba a replica o Portuarios nunha xogada individual de Canosa á que responde Miguel cunha boa parada. No minuto 24, era novamente Lucas de disparo afastado o que marcaba o terceiro tanto local para irnos ao descanso con 3 - 0.

No segundo período tocoulle aos de Ferrol Vello a axuda do vento, e do que tamén se aproveitaron para levar moito perigo con disparos afastados e balóns colgados á área. O primeiro cuarto de hora de partido foi dominado polos ferrolanos que saíron máis enchufados, período do cal tiraron proveito. Pero antes diso, unha xogada desafortunada para os visitantes remataba cun gol en propia porta de Asier, o que significaba o cuarto gol aresano.

Nos mellores minutos de partido dos de Ferrol Vello, primeiro Canosa e posteriormente Diego acurtaban distancias para poñer o 4 - 2. Poderían ter sacado os visitantes máis renda, pero un inspirado porteiro local, Miguel, impediría a culminación das ocasións visitantes.

Os aresanos pouco a pouco fóronse sacudindo o dominio visitante e Oscar á saída dun córner establecía o 5 - 2. O Portuarios non se amilanou e novamente Canosa pouco despois sorprendía por alto a Miguel de disparo afastado para acurtar de novo distancias e poñer o 5 - 3.

Nos últimos minutos do partido volvían ser os aresanos os que tomaban as rendas deste, e daban un primeiro aviso cun disparo de Lucas ao longueiro. Posteriormente nunha bonita xogada de combinación dos de Ares Oscar metía o sexto, e sobre o asubío final, Jaime remataba a goleada aresana co sétimo. O que deixaba o marcador no 7 - 3 definitivo.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.