BENXAMÍNS. NUMANCIA, 3 - O VAL "B", 2.
VITORIA SUFRIDA.
Partido correspondente á 8ª xornada da liga benxamín no seu grupo 2º disputado na tarde do venres nas instalacións de Prados Vellos que finalizou coa vitoria do conxunto numantino. Ao descanso o resultado era de 1 - 0. Antes do comezo do encontro gardouse un respetuoso minuto de silencio en memoria de D. Manuel Candocia; presidente da UD Somozas falecido o pasado fin de semana.
Ares 24 de xaneiro de 2014
FICHA TECNICA
NUMANCIA: Miguel, Chechu, Carlos, Manu, Jaime, Telmo (C), Oscar e Marcos Rey. Tamén xogaron Marquitos, Zoel, Raúl, Lucas e Miguel.
Adestrador: Eugenio Margharetto Rodríguez, “Genete”.
Delegado: Francisco Manuel Iglesias Pena, “Kiko”.
O VAL “B”: Borja, Aarón, Iago, Daniel, Yago González, Jonathan, Noel e Bruno (C). Tamén xogaron Bruno, José, Yago Mosquera, David e Alberto.
Delegado: Sergio Romero Rodríguez.
ARBITRO: José Priegue Leis. Sen incidencias.
GOLES: polo Numancia Marquitos, Lucas e Jaime, e Bruno (2) polo Val “B”.
Comezaba o choque co conxunto valexo máis metido no partido, creando e levando o peso deste e o perigo á área local durante os primeiros dez minutos. Pouco a pouco os de Ares fóron desperezando, comezando tamén a chegar á portaría rival, pero ningunha das dúas dianteiras estaba acertada entre os tres paus. A poucos minutos do descanso, un disparo dende fóra da área que é rexeitado polo porteiro aprovéitao Marquitos para enviar o fondo da rede e adiantar os de Ares. Co resultado de 1 - 0 marcharíamos ao descanso.
A segunda metade foi moito máis igualada, ningún dos dous equipos foi quen de marcar unha gran diferenza no xogo sucedéndose as ocasións en ambas as dúas portaría. No minuto 34, O Val poñía a igualdade no marcador por medio de Bruno. E dez minutos despois volvería ser o propio Bruno aproveitando unha perda de balón atrás dos de Ares o que poñía o seu equipo por diante. No saque do círculo central, toque atrás dos de Ares e Lucas de forte disparo sorprende o porteiro valexo para volver a igualdade ao marcador. De aquí á finalización do partido sería o conxunto aresano o que máis perigo levaría á área, obtendo o seu premio a poucos minutos do final, ao aproveitar Jaime un fallo no despexe dun defensa a saida dun córner para marcar o gol que lle daba os tres puntos aos aresanos.