BENXAMINS. PORTUARIOS "B", 0 - NUMANCIA, 2.
BO COMEZO.
Partido correspondente á 2ª xornada, da segunda fase do campionato benxamín no seu grupo 2, disputado nas instalacións de Aneiros entre os equipos do Portuarios "B" e o Numancia. Ao final do partido vitoria dos de Ares por 0 - 2. No descanso o resultado era de empate a ceros.
Ferrol 30 de novembro do 2013
FICHA TECNICA
PORTUARIOS “B”: Iker, Niang (C), Antón, Manuel, Israel, Tomás, Sergio e Alejandro. Tamén xogaron, Diego, David e Rubén.
Adestrador: Adolfo J. Seijas Silva.
Delegado: Manuel A. Cheda Rodríguez.
NUMANCIA: Martina, Manu, Jaime, Marquitos (C), Diego, Raúl, Lucas e Marcos Rey. Tamén xogaron, Carlos, Iván e Miguel.
Adestrador: Eugenio Margharetto Rodríguez “Genete”.
Delegado: Francisco M. Iglesias Pena “Kiko”.
ARBITRO: Diego Fernández González. Amoestou o adestrador local.
Bo comezo dos de Ares nesta segunda fase da competición. No partido deste pasado fin de semana en Aneiros ante o Portuarios "B", os de Ares non o tiveron nada doado, tiveron que pelexar e traballar os tres puntos nun partido no que os goles chegaron na segunda metade. Aos poucos minutos da reanudación chegaría o primeiro tanto aresano, pero os numantinos non conseguirían pechar o partido ata os minutos finais. Os goles do Numancia foron obra de Jaime por partida dobre. Con esta nova vitoria os de Ares fan un pleno de dous de dous.
Na próxima xornada os aresanos recibirán o San Sadurniño en Prados Vellos.
Aproveitamos para dar as grazas a Anita polas fotos do partido.