BENXAMÍNS. NUMANCIA, 7 - MEIRAS, 4.

INCERTIDUME ATA O FINAL.

Partido correspondente a 5ª xornada da fase previa benxamín, grupo 4 disputado na tarde do venres en Prados Vellos entre o Numancia e o Meirás que rematou con vitoria dos locais por 7 – 4. No descanso o resultado era de 3 – 2.


Ares, 18 de outubro do 2013

ALIÑACIONS

NUMANCIA: Martina, Carlos, Chechu, Marcos Rey (C), Manu, Jaime, Oscar e Marcos Margharetto. Tamén xogaron Miguel, Martin, Lucas, Zoel e Diego.

Adestrador: Daniel Iglesias Montero.

Delegado: Francisco Manuel Iglesias Pena.

MEIRAS: Iván González, Aaron (C), Adrián, Hugo, Tomás, Pablo, Iván Rey e Víctor. Tamén xogou Joel.

Delegado: José Luís Ramos Espiñeira.

COLEXIADO: D. Telmo Pérez  Vázquez.

Partido que ao igual que o dos prebenxamíns disputado con anterioridade estivo condicionado pola forte chuvia caída por momentos. Foi un partido moi igualado, e disputado, que non se decidiu ata os dez últimos minutos, nos que dous goles consecutivos dos de Ares saldaron o partido.

Adiantáronse os de Ares no marcador por medio de Óscar no minuto 9. Dous minutos despois Joel marcaba para o Meirás e empataba o partido. Jaime volvía poñer por diante aos locais catro minutos máis tarde. Sen apenas tempo para saborear o gol local, Iván Rey empataba de novo. A sete minutos do descanso, Marcos Margharetto poñía de novo aos de Ares por diante para irnos ao descanso cun resultado de 3 - 2.

Aos cinco minutos da reanudación, primeiro Óscar, e no minuto seguinte, Jaime, poñían aos de Ares en clara vantaxe de 5 - 2. O Meirás malia o resultado adverso non lle perdeu a cara ao partido e nos cinco minutos seguintes, Aarón primeiro, e a continuación Iván Rey, poñían o marcador en 5 - 4, nun ir e vir dunha a outra portaría, posto que nos dous minutos seguintes sería a quenda para os de Ares. Primeiro Lucas e na xogada seguinte Marcos Margharetto establecerían o marcador definitivo de 7 - 4.

A destacar do partido as boas intervencións de Miguel e o bo traballo do grupo que neste partido deu os seus froitos.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.