BENXAMINS. NUMANCIA, 4 - MIÑO, 5.

BO DEBUT MALIA O RESULTADO

Partido correspondente á 1ª xornada do campionato de liga, na súa 1ª fase, grupo 4º, celebrado na tarde do venres en Prados Vellos entre os equipos do Numancia e o Miño, e que rematou con vitoria do conxunto visitante por 4 – 5. Ao descanso o resultado era de 0 – 2.


Ares, 20 de setembro de 2013.

ALIÑACIONS

NUMANCIA: Martina (C), Chechu, Carlos, Manu, Jaime, Oscar, Martín, Marcos Rey, Telmo, Diego, Raúl, Lucas e Miguel.

Adestrador: Eugenio Margharetto “Genete”.

2º adestrador: Roberto C. Oliveira “Oli”.

Delegado: Francisco M. Iglesias “Kiko”.

MIÑO: Álvaro (C), David, Ainoa, Unai, Iván, Gabriel García, Ignacio, Hugo, Adrián, Gabriel Taracido, Miguel, Jorge, Gabriel Varela e Oscar.

Adestrador: Antonio Blanco.

2º adestrador: Mikel González.

Delegado: Luís González.

ARBITRO: Miguel Ángel Pena Landeira.

GOLES: Oscar, Marcos Rey, Lucas e Diego para o Numancia, e para o Miño marcaron, Miguel (2), David, Gabriel Varela e Gabriel Taracido.

 



Partido intenso en xogo e goles o disputado entre Numancia e Miño; e no que o Miño levaría a iniciativa no marcador durante todo partido aínda que sen despegarse de forma definitiva.

O partido tería dúas partes ben diferenciadas. Na primeira sería o Miño o que levaría en todo momento a iniciativa do xogo ante un Numancia que non daba entrado claramente no partido. Chegaríase ao descanso cun marcador de 0 - 2. Goles de David e Gabriel Varela.

Nada máis comezar a segunda metade os de Ares acurtarían distancias. O gol de Óscar parece que fixo entrar definitivamente a conxunto local no partido podendo verse unha segunda metade máis igualada e de goles. Seis minutos despois Marcos Rey empataba para os de Ares, pero pouco duraría a alegría, posto que apenas dous minutos máis tarde Gabriel Taracido volvía adiantar o Miño. Lucas volvería empatar para os de Ares, pero Miguel Cortes, con dúas dianas poñía os de Miño en clara vantaxe. Practicamente sobre o asubío final, Diego deixaba o marcador no 4 - 5 definitivo.

En resumo, bonito e entretido partido o que nos brindaron os benxamíns do Numancia e Miño, e no que o equipo visitante estivo un puntiño por enriba do conxunto local, o que lles permitiu levarse os tres puntos de Prados Vellos.

A seguir adestrando e traballando, e iso si, ganas e esforzo iso que nunca se perda.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.