BENXAMÍNS. CEBARCA, 1 - NUMANCIA, 4.
FALTOU ALGO DE ACERTO.
Partido correspondente á décima xornada de liga benxamín local no seu grupo 2º e na que o Numancia se desprazaba ata A Barqueira para enfrontarse ao conxunto local nas instalación municipais do Bernadino Breijo. Partido que no descanso reflectía un marcador de 1 - 2. Ao final do partido 1 - 4 a favor dos de Ares.
A Barqueira 9 de febreiro de 2013.
ALIÑACIONS
CEBARCA: Borja, Bruno, Antón, Hugo Muiño, Hugo Fernández, Diego (C), Víctor, Miguel, David, Fabián, Pablo e Judith
Adestrador: Agustín Martínez.
Delegado: José Vicente Breijo.
NUMANCIA: Martina, Sergio Rañales, Jaime, Migui (C), Diego, Oscar, Martin Miguel, David, Miguel, Sergio Pena, Raúl, Pablo Cartelle e Martín.
Adestrador: Roberto Carlos Oliveira.
Delegado: Miguel Oliveira.
COLEXIADO: Daniel Pérez Ferro
GOLES:
0 – 1: Oscar (min. 2).
1 – 1: Bruno (min. 4).
1 – 2: Martín (min. 14).
1 – 3: Pablo Cartelle (min. 36).
1 – 4: Pablo Cartelle (min 49).
Partido que nada máis iniciarse se poñía de cara para os de Ares pois aos dous minutos do seu inicio nun balón en longo sobre Oscar éste bate de disparo cruzado para adiantar os numantinos. Alegría que pouco durou posto que o conxunto local, por medio de Bruno, empataría a contenda dous minutos despois. O Numancia sería o que levaría o peso do partido creando boas ocasións de gol pero que os dianteiros non materializaban. No minuto catorce sería Martín o que poñería de novo por diante os de Ares, para irnos ao descanso cun marcador de 1 - 2.
Na segunda metade sería o conxunto visitante o que asumiría o peso do partido dominando claramente boa parte deste segundo período. Pablo Cartelle por partida dobre completaría o marcador da vitoria numantina por 1 - 4.