BENXAMÍNS. RECEPCIÓN NO CONCELLO DE ARES
A CORPORACIÓN MUNICIPAL HOMENAXEARÁ AO NUMANCIA BENXAMÍN.
Este sábado, 23 de xuño, ás 12.00 da mañá, o sr. alcalde e os concelleiros aresáns recibirán no salón de plenos aos nenos do equipo benxamín que veñen de rematar unha extraordinaria temporada, proclamándose campións de Liga e subcampións de Copa da delegación de Ferrol.