BENXAMINS. NUMANCIA, 1 - ANIMAS,1. Penaltis (5 - 3).

Numancia de Ares ADR. Benxamísn 2011-2012. Numancia 1 - Animas 1. Penaltis 5 - 3. Prados Vellos 4/5/12.VÉMONOS MAÑÁ NA GÁNDARA

Despois duns intensos corenta minutos houbo que recorrer á quenda de penaltis para dirimir quen pasaba á final de mañá.


Prados Vellos (Ares) 4 de maio de 2012.

ALIÑACIONS:

NUMANCIA: Rubén, Migui, Pablo Cartelle, Mario, Pablo García, Xan e Juan. Tamén xogaron o longo do encontro, Adriá, Cristián, Martín e Naim.

ÁNIMAS: Yago, Manuel, Mateo, Alejandro, Óscar, Álvaro e Jonathan. Tamén xogaron o longo do encontró Kike, Carlos e Alvarito.

COLEXIADO: D. Adrián González Franco (Delegación de Ferrol).

 

 

EQUIPO BENXAMIN DO NUMANCIA DE ARES 2011-2012.



Despois do empate 1 – 1 no intenso partido de ida en Ferrol destas semifinais da fase clasificatoria para o Campionato Galego, Numancia e Ánimas medíanse en Prados Vellos para dilucidar o finalista.

Nunha tarde con moita auga e chubascos fortes, non defraudou a afección numantina que achegouse en gran medida a Prados Vellos para animar ós rapaces neste importante partido.

Na primeira metade, vimos un partido moi físico condicionado pola gran cantidade de auga que acumulaba o céspede artificial aresán. Non era fácil circular a pelota, polo que vimos moitos balóns longos, contacto, loita e sacrificio dos xogadores de ambos equipos. Non foi unha primeira parte vistosa, polo que se chegou ó descanso co resultado inicial de 0 – 0.

Na segunda metade, e ao minuto do seu inicio o Ánimas adiantaríase no marcador. Unha chegada do equipo ferrolán, que despois de varios disparos e rexeitamentos os de Ares non foron quen de sacar do área, o balón chega a Álvaro quén envía o fondo da rede, 0 – 1. Todavía quedaba moito partido por diante, e tocaba para o Numancia remontar ou cando menos igualar a eliminatoria. Aínda así, o gol deixou tocado ós numantinos e tiveron os ferroláns dúas claras ocasións para sentenciar o seu pase a gran final.
Como non podía ser doutra maneira (ninguén agardaba menos dos rapaces aresáns) e seis minutos despois saiu a relucir o orgullo numantino. Con mais corazón que cabeza, un Numancia aguerrido saía con velocidade hacia a portería ferrolana. Nun desos contraataques, Pablo García envía un balón en profundidade a Juan para que éste, con moito suspense consiga envíar ó fondo da portería do Ánimas. 1 – 1 a falta de catorce minutos para ó final. Na última fase do partido moita emoción e moito suspense, para finalmente rematar coa eliminatoria empatada e proceder o desempate mediante o lanzamento de cinco penaltis.

Na quenda dos penaltis, estivo mais acertado ó Numancia que anotou os seus 5 lanzamentos, namentres que os ferroláns anotaron soamente 3. Polo tanto, ó Numancia conseguía o pase para a finalísima do sábado en A Gándara.

Si o fútbol fose xusto, ningún dos dous equipos quedaría hoxe eliminado. Pero ó fútbol é cruel xa dende as categorías máis pequenas. Hoxe ó Numancia tivo a sorte de cara e poido saborear ó éxito. Pola súa parte os bos rapaces do Ánimas tiveron que vivir a crueldade dos penaltis. Dende aquí, queremos felicitar ós ferroláns polo título ligueiro conseguido no seu grupo e darlles moitos ánimos para as longas carreiras futbolísticas que lles esperan. ¡¡¡Ánimo campións¡¡¡

E dos nosos nenos, dos nosos numantinos, do orgullo do Numancia. Dos nosos benxamíns, ¡¡¡qué máis podemos dicir¡¡¡ Pois podemos dicir que seguen facendo historia. Non se conformaron con ser campións do seu grupo, non. Agora queren tamén ser campións de todo Ferrolterra, Eume e Ortegal. ¡¡¡Os nosos nenos benxamíns queren acadar ó billete para viaxar a Lugo e desfrutar do Campionato Galego de benxamíns o día 20 de maio¡¡¡ E por suposto, ¡¡¡toda a parroquia numantina quere presumir de equipo benxamín¡¡¡ Polo tanto, temos que apoialos.

Mañá sábado 5 de maio, ás 11:00 no campo de A Gándara – 3, Numancia e Galicia de Caranza “D” xogarán a final ferrolana de benxamíns. O vencedor, irá ó Campionato Galego a Lugo¡¡¡

Sábado 5 de maio, ás 10:50 ¡¡¡TODO O NUMANCIA ESTÁ CITADO NAS INSTALACIÓNS DE A GÁNDARA¡¡¡

¡¡¡NON PODES FALTAR¡¡¡

¡¡¡A MAREA VERMELLA TEN QUE INUNDAR ESTE SÁBADO Á GANDARA¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.