BENXAMINS. NUMANCIA, 2 - EUME B", 1.

Numancia de Ares ADR. Benxamíns 2011-2012. Numancia 2 - Euma B 1. Prados Vellos 27/04/12¡¡¡NORABOA CAMPIÓNS¡¡¡

O Numancia de Ares Benxamín proclamouse esta tarde, tras a súa vitoria sobre o Eume “B”, campeón de liga do grupo 3.


Ares 27 de abril de 2012.

NUMANCIA: Adrián, Naim, Greta, Martín, Xan, Pablo García, Juan, Pablo Cartelle, Mario, Migui, Rubén e Cristián.

EUME “B”: Mateo Díaz, Antón Feal, Roi, Jes, Bieito, José Angel, Pablo, Brais, Mateo Leira, Mario, Antón Correa e José Sardiña.

COLEXIADO: Alejandro Miño Pico (Delegación de Ferrol)

 

 

Tarde de venres con sol, algunhas nubes e temperatura agradable en Ares. Tarde de fútbol en estado puro en Prados Vellos. Non era unha tarde calquera. Este venres 27 de abril de 2012 quedaría marcado para a historia do Numancia. O equipo benxamín numantino dependía de sí mesmo para conseguir o título de campións de Liga no seu grupo 3. ¡¡¡E por suposto que cumpliron¡¡

Iremos por partes. Ás 17:30 os prebenxamíns vencían ó Narón “B para abrir boca nesta tarde especial. Pouco a pouco, os siareiros numantinos chegaban a Prados Vellos.

Ás 18:15 comezaba o partido de alevíns entre o Numancia e o Val “C”. No transcurso do partido, chegaban ´´os xogadores benxamíns do Numancia con caras serias, de concentración, de moitos nervos....  Prados Vellos ateigábase de bufandas, camisolas e bocinas... todas elas... por suposto... vermellas. Remataba o partido alevín con vitoria valexa e '¡¡¡chegaba o momento da verdade¡¡¡

Ás 19:15 os xogadores do Numancia benxamín facían os exercicios de quencemento. Seguían nerviosos, tensos.... pero na súa mirada... brillaba a ilusión, a emoción por estar a piques de poder conseguir algo moi importante nas súas curtas vidas deportivas.

Comezaba ó encontro. Ós numantinos acusaban os nervios e nos primeiros cinco minutos do partido gozou dalgunha ocasión para levar o susto a parroquia numantina. Co paso dos minutos, os nenos de Ares soltábanse. Avisaban con varios ataques perigosos. Sería no minuto 8 cando Juan collía un balón en tres cuartos de campo e lanzaba un mísil que se colaba na porteria do bo porteiro eumés. 1 – 0, a cousa pintaba ben. Poido ser mellor nos minutos previos ó tempo de descanso, si Pablo e Juan acertaran con varios disparos a portería eumesa. Pero o bo porteiro eumés ou a falta de puntería impediron que a ventaxa fose maior. Retirámonos pois o descanso co 1 – 0 no marcador e coas espadas en todo ó alto.

Nos primeiros minutos da segunda metade, mais do mesmo. Juan e Pablo, Pablo e Juan volvían a perdonar o segundo gol do Numancia. Un segundo gol que podía pechar ó partido, pero non había sorte. Por enriba, asomaron ás nubes no claro ceo de Prados Vellos. Nunha perdida de balón da defensa co que se fai Mateo Díaz empatar ó encontro. 1 – 1, corría o minuto 26 de partidol. Quedaban 14 minutos para conseguir cando menos un gol que nos dera o ansiado título ligueiro. Por si alguén o dudaba, apareceu nesos últimos minutos ó orgullo numantino. Un orgullo que xa dende pequenos lévase na sangue. Non había sorte, a pelotiña non entraba. Pero chegou o mínuto máxico. A falta de seis minutos para ó final producíase unha falta a favor do Numancia no medio do campo escorada a banda dereita. Chegou Pablo García. Colocou o balón con mimo, mirou para o adestrador (que lle indicaba unha cousa). Mirou tamén para ós afeccionados (cada un deles tiña unha opinión de como tirar a falta). Pero Pablo foi listo e dixo “aquí mando eu”. Sen facer caso a ninguén, namais que a súa cabeza de 10 anos, utilizou o seu guante do pe esquerdo para colocar o balón na escuadra dereita da portería eumesa. ¡¡¡¡GOOOOOOOOOOOOOOOOL¡¡¡ Era ó gol que daba un título de Liga. Nada mais e nada menos. Quedaban 6 minutos para ó final. Seis minutos de sufrimento, de tensión. O colexiado Miño Pico deu tres pitidos, pi – pi – piiiiiiiiiiiiiii e o ¡¡¡¡NUMANCIA CAMPIÓN¡¡¡

Tempo para a celebración. Para a piña de todo ós xogadores do equipo benxamín do Numancia. Os verdareiros protagonistas foron felicitados por moitos xogadores, adestradores e directivos da entidade. Prados Vellos era unha festa. Ilusión, festa e ledicia nos nenos. Orgullo, emoción, moita emoción nos familiares dos protagonistas. Uns familiares que día tras día, martes, xoves, fin de semana, faga sol, chova ou ventee sacrifícanse polos nenos e os acompañan nas súas vidas deportivas.

Continou, como non podía ser doutra maneira a festa por todo ó pobo. Os coches cos seus claxóns foron ós encargados de pregonar por todo o pobo de Ares a vitoria e a xesta deste equipo de pequenos nenos en categoría benxamín. Pensamos, que non quedou ningún veciño nin TAMPOCU ningun visitante sen saber que o NUMANCIA DE ARES BENXAMÍN 2011 – 2012 É CAMPÍON DE LIGA.

A todos, xogadores, adestradores, directivos, nais, pais, a toda a familia do Numancia benxamín 2011 – 2012

¡¡¡NORABOA CAMPIÓNS¡¡¡

E xusto tamén que esta felicitación se extenda a todos ós xogadores numantinos e como non, a todos ós adestradores das demais categorías.

Este título benxamín, e unha excusa, un recoñecemento a todos os que día tras día, semana tras semana traballan nesta entidade. Xogando, adestrando ou simplemente dando todo o seu cariño polo noso NUMANCIA.

¡¡¡¡Noraboa a todos¡¡¡

Agora, o Numancia benxamín inicia a fase clasificatoria para a fase final galega. O primeiro paso será xogar ás semifinais da zona de Ferrolterra ante a SDR Ánimas. O vindeiro martes 1 de maio pola mañá nas instalacións de A Gándara e o vindeiro venres 4 de maio pola tarde o partido de volta en Prados Vellos.

O vencedor das semifinais, xogará a final da zona de Ferrol o sábado 5 de maio ás 11:00 en A Gándara ante o ganador da outra semifinal. O campión da fase final de Ferrol xogará o Campeonato Galego o 20 de maio en Lugo.

Pase o que pase, ¡¡¡sodes moi grandes, pequenos¡¡¡

ADRIÁN, PANA, CRISTIAN, DAVID, MARIO, MIGUI, PABLO CARTELLE, SERGIO, JUAN, MARTÍN, PABLO GARCÍA, XAN, GRETA, NAÍM E SAMU.

¡¡¡FELICIDADES CAMPIÓNS¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.