BENXAMINS. NUMANCIA, 10 - CEBARCA, 1.

ADR Numancia de Ares. Benxamíns 2011-2012. Numancia 10 - Cebarca 1. Prados Vellos 29/10/11.TRES DE TRES.

Partido correspondente á cuarta xornada de liga do grupo 3º que se saldou con clara vitoria do Numancia. Ao descanso do partido o resultado era de 3 - 0.


Prados Vellos (Ares) 29 de outubro de 2011.

ALINACIONS:
NUMANCIA: Pana, Naim, David, Greta, Juan, Pablo García, Pablo Cartelle, Mario, Migui, Cristián, Sergio e Isma.

CEBARCA: David, Dario, Bruno, Diego, Salvador, Victor, Hugo, Adrián e Fernando.

COLEXIADO: José Luís Corral Franco (Delegación de Ferrol).

GOLES:
Numancia: Juan (3), Naim (2), Pablo García (2), David (2) e Isma.
Cebarca: Diego.

 



Logo da xornada de descanso os benxamíns retornaban á competición con ganas ante o Cebarca en Prados Vellos. Partido sen moita historia que levaron con facilidade e por goleada os de Ares ante un rival con xogadores de primeiro ano e con poucos efectivos no banco. As cousas púñanselles de cara aos locais, pois nada máis iniciarse o encontro, nas dúas primeiras xogadas chegarían os goles, un de David e outro de Juan. O partido continuou con dominio local, e no minuto sete chegaba o segundo tanto de David, e terceiro para os de Ares. A raíz do terceiro tanto o equipo visitante plantou cara aos aresáns que xa non chegarían con tanta facilidade á súa portería. Con este resultado de tres a cero iriámonos ao descanso.

Na segunda metade os de Ares romperon o partido en apenas cinco minutos. Dous goles de Naim, nos minutos 24 e 26, e outros dous de Pablo García, no 27 e 28, puñan o marcado en 7 - 0. Logo deste último gol os de Ares relaxáronse e un rápido contraataque do Cebarca que sorprende á defensa numantina, finaliza con gol de Diego 7 - 1. Na seguinte xogada os dianteiros do Cebarca rouban un balón no centro do campo e volven sorprender aos de Ares. Nesta ocasión a xogada resólvese cun sensacional rexeite de Pana e un disparo posterior do Cebarca ao traveseiro. A goleada aresana remataríana, Juan no 32´, Isma no 35´ e de novo Juan no 37´.

Os visitantes hoxe tiñan un partido moi complicado. Na segunda metade, sen apenas cambios no banco, acusaron o cansazo e os de Ares non perdoaron. Felicitar ao equipo aresano pola vitoria e ao Cebarca animarlles a continuar e desexarlles sorte.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.