BENXAMÍNS. NUMANCIA, 4 - O VAL, 2.

SDR Numancia de Ares. Benxamíns 2010-2011. Numancia 4 - O Val 2. Prados Vellos.PARTIDO VIBRANTE E INTENSO.
Bo fútbol, grandes intervencións dos gardametas e moitas ocasións de gol desaproveitadas.

 

Ares 18 de decembro do 2010.

ALINIACIÓNS:
NUMANCIA: Adrián, Jaime, Víctor, Pablo García, Martín, Saúl, Diego Varela, Cristián, Juan, Mario García e Manuel.

O VAL: Alberto, Alexandre, Borja Baamonde, Gerardo, Marcos, Raúl, Alex, Samuel e Borja Díaz.

COLEXIADO: D. Ramón Cajete de La Vega (Delegación de Ferrol)

GOLES:
Numancia: Pablo García (2), Martín e Mario García.
O Val: Gerardo e Alex.

  



Primeira metade que comezou igualada e cos dous equipos tenteándose. A medida que foron pasando os minutos os de Ares tomaron a iniciativa comezando a premer o rival dende o mediocampo e encerrándó no seu terreo. Malia o dominio local sería os valexos os que inauguraría o marcador cando corría o minuto 6, ao saque dun corner que Gerardo envía directo ao fondo das mallas. Os de Ares non se descompuxeron e seguiron exercendo presión sobre o rival, presión que non tardou en materializarse en gol para os locais catro minutos despois. Xogada individual de Martín, que en primeira instancia rexeita o gardameta, pero lle favorece o rexeitamento e no segundo disparo non falla, 1 - 1. Despois do empate e ata o final da primeira metade, os de Ares apoderáronse do terreo de xogo, creando boas ocasións de gol, pero que non se materializaban. A cinco minutos do final da primeira parte un forte disparo de Pablo García poñía por diante os de Ares. 2 – 1. Resultado co que se chegaría ao descanso.

Na segunda metade os visitantes saíron a polo partido levando o peso deste durante os minutos iniciais. Froito diso no 7´ forzan un penalti que Alex se encargaría de transformar no empate, 2 - 2. Pouco duraría a alegría na parroquia valexa, pois dous minutos despois, un maxistral libre directo executado por Pablo García volvía a poñer por diante aos de Ares, 3 - 2. A continuación vivíronse uns minutos intensos e vibrantes de bo fútbol, nos que os principais protagonistas foron os gardametas de ámboslos dous conxuntos, deleitándonos cunhas paradas sensacionais. As xogadas de perigo sucedíanse nunha e outra área, se cabe con máis intensidade no área visitante, na que os de Ares á contra levaba moito perigo, pero os dianteiros non estaban acertados, fallando claras ocasións de gol. Demasiados fallos, o encontro estaba nos minutos finais e os de Ares perdoaban en exceso. Por fin chegaría o gol da tranquilidade, forte disparo de Mario García dende o lateral do área ao primeiro pau, que sorprende o gardameta visitante lixeiramente adiantado, 4 - 2, a cinco minutos do final. Intentárono os visitantes nestes últimos minutos, pero o tempo non deu para máis, finalizando o encontro co resultado xa coñecido.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.