BENXAMÍNS. NUMANCIA, 6 - CEDEIRA "B", 1.

SDR Numancia de Ares. Benxamíns 2010-2011. Numancia 6 - Cedeira REGULAR NA PRIMEIRA METADE, APROBADOS NA SEGUNDA.
O Cedeira mostrou moi boas maneiras na primeira metade e creoulle moitos problemas aos locais.


Prados Vellos, 4 de decembro do 2010.

ALINIACIÓNS:
NUMANCIA: Adrián, Daniel, Jaime, Víctor, Saúl, Pablo e Juan: Tamén xogaron Mario Martínez, Mario García, Cristian, Iván e Manuel.

CEDEIRA “B”: Breogan, Juan, Santiago, Aarón, Ricardo, Pablo, Adrián, Cristián, Daniel e Andrés.

COLEXIADO: D. Rodrigo Serrano Naveiras.

GOLES:
Numancia: Víctor (3), Juan (3)
Cedeira “B”: Pablo.

Primeira metade que comezaba cunha forte presión do equipo aresán dende o inicio do encontro que acantoo ao rival no seu campo. Froito desa presión chegarían os dous primeiros goles, o primeiro no minuto 2, obra de Víctor despois dun balón duramente disputado no área. O segundo gol, chegaría no 5´, penalti cometido polo gardameta sobre Víctor cando se internaba no área, e que Juan encargaríase de transformar a pena máxima no segundo para o Numancia. Despois do segundo gol os de Ares relaxáronse e o Cedeira foi a polo partido, saíndo dende atrás e con xogo combinativo, conseguía chegar á área visitante con moito perigo, pero sen definición nos últimos metros. Pola contra os locais aproveitaron o adiantamento das liñas do Cedeira e á contra tamén crearon algunha boa ocasión para facer subir algún gol máis ao marcador, pero iriámonos ao descanso con 2 - 0 a favor dos de Ares.

Na segunda metade o Cedeira saleu de novo a polo encontro, e aos dous minutos, nunha bonita xogada de combinación chegan á área local e Pablo de disparo axustado a base do pau acurtaría distancias, 2 - 1. A partir do gol visitante os de Ares volveron a poñerse de novo as pilas e non tardaron en coller o control do partido, acantoando de novo o rival no seu campo, polo que os goles non tardaron en chegar. O terceiro no 27´, disparo de Víctor dende fóra do área o balón touca nun defensa e engana o porteiro. O cuarto Juan, no 30´, a pase de Víctor. O quinto, no 35´, de novo Juan de preciosa vaselina. E o sexto novamente Víctor, no 38´, despois de aproveitar un rexeitamento na área. O Cedeira nos minutos finais tratou á contra de acurtar distancias chegando a porta nun par de ocasións pero sen fortuna, polo que chegariamos ao final do encontro co resultado coñecido de 6 - 1 a favor dos de Ares.

A próxima semana partido transcendental para os de Ares, toca visitar A Malata, onde nos enfrontaremos ao EFR Ferrol "C", en púgna polos primeiros postos da clasificación.

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.