Prebenxamíns: Numancia, 10 - Barallobre, 1
Bo xogo e goles na tarde do venres.
Clara vitoria do Numancia na segunda xornada da copa local prebenjamin en Prados Vellos.
Prados Vellos. 30/04/2010.
Aliñación: Adrián; Mario Martínez, Diego, Raúl Martínez, Pablo García, Juan e Mario García. Tamén participaron: Alberto, Sergio, Samuel, Matthew e Pablo Cartelle.
Goles: Pablo García (4), Mario García (4), Juan (2).
Dominio total do equipo local que xa vencía por 6 a 0 no descanso, repartíndose os tantos entre Mario García e Pablo García anotando cada un tres tantos. No segundo tempo ao pouco de iniciarse conseguiría o Barallobre o seu gol para continuar os locais anotando 4 tantos máis nos pés de Mario García, Pablo García e Juan por partida dobre.
A pesar do que poida deducirse polo resultado, o equipo visitante nunca se deu por vencido e tratou de xogar e acurtar distancias aínda que os locais que tamén xogaron a gran altura non lles deixaron.