PREBENXAMÍNS. NUMANCIA, 6 - NARÓN, 2

MATEO, PROTAGONISTA DA XORNADA.

Hoxe xogabamos con vantaxe: no campo estaba Mateo, animando e "xogando", coma un auténtico campión, xunto aos seus compañeiros de equipo.

Ares, 27 de marzo de 2010

 A ilusión por xogar ao fútbol, as ganas por correr detrás dun balón e poder conseguir un gol, nótanse dunha maneira extraordinariamente intensa nalgúns nenos. Mateo é un deles. Mateo leva o fútbol no sangue, entrégase a tope e disputa, xa non os partidos, mesmo as pachangas, cunha garra encomiable. Agora, recuperándose dunha importante operación, acode aos partidos co chandal do seu equipo e en muletas, observando coma xogan os seus amigos. Canta rabia por non poder estar con eles, cantas bágoas por non poder correr, canta dor que aguantou,... Mateo non se rende, Mateo loita e faille fronte á adversidade; non se queixa, cala, apreta os dentes e conta os meses, os días que quedan por diante. Demasiados,  pero non protesta. Sabe que é cuestión de tempo, que as follas do calendario van caendo e que a súa reaparición no campo xa está máis cerca.

Os teus amigos do Numancia tamén están contigo Mateo, e botámoste de menos. Sabemos que vas volver e iso nos tranquiliza. Ánimo amigo.

Hoxe, no partido co Narón estiveron: Adrián, Mario M., Alberto, Migui, Pablo, Juan, Mario G., Sergio, Raúl, Raúl Nogueras, Cristian e Pablo Cartelle.

Os goles do Numancia marcáronos: Mario García, Alberto, Juan (2), Pablo e Pablo Cartelle. Pero o auténtico protagonista foi MATEO, a quen os seus amigos lle regalaron un balón.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.