Prebenxamíns. Galicia de Mugardos, 2 - Numancia, 3

S.D.R. Numancia de Ares. Prebenjamines 2009-2010. Galicia de Mugardos, 2 - Numancia, 3. A Malata. Ferrol.Nova vitoria dos Prebenxamíns.

Vitoria apurada por 2 tantos a 3 no partido de rivalidade local. Ao descanso chegouse con igualada a un tanto no marcador.


18/12/2009 A Malata.

Saíron de inicio: Adrián; Xan, Mario Martínez, Alberto; Juan, Pablo García; Raúl Martínez. Tamén xogaron Cristian, Pablo Cartelle e Migui.

Goles. Pablo García (2), Juan


Partido nocturno disputado na Malata. Tanto xogadores como espectadores sufriron os efectos do frío reinante.
O partido entre mugardeses e aresanos estivo moi disputado e ao tanto de Juan polos visitantes responderon os locais deixando as táboas no marcador para irse ao descanso.
Novamente adiantaríanse no segundo tempo os de Ares cunha falta ben executada por Pablo García para pór o 1-2. Novamente Pablo García puña en vantaxe aos visitantes co 1-3 e antes de finalizar de Mugardos recortaban distancias (2-3) e puñan a emoción no final do encontro.
Felicitacións para ambos os equipos que tentaron xogar a pesar da fría noite que lles tocou en sorte.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.