PREBENXAMÍNS. REUNIÓN FAMILIAS

 PLANIFICACIÓN DE ACTIVIDADES

Este xoves, 21 de xaneiro tivo lugar a reunión entre as familias dos nenos da categoría benxamín e a directiva do club, na que se adiantou a planificación cara os vindeiros meses.
 
Ares, 22 de xaneiro de 2016
 
Os puntos máis interesantes foron os seguintes:
 
1. PLANIFICACIÓN. COMPETICIÓNS E TORNEOS. 
LIGA:  remata o 26 de maio.
COPA. Torneo de convivencia: 29 de maio en Aneiros.(Advertiuse da coincidencia coa celebración das Alfombras Florais en Ares, quedando en que se for o domingo non participariamos).
TORNEOS: Mugardos (24 de marzo, Xoves Santo); Abegondo (17 de maio).
Ante a posibilidade de que se reciban invitacións para participar noutros torneos durante o mes de xuño, os pais e nais dos nenos prometeron a súa participación nos mesmos.
 
2. XOGADE: O club informou do novo protocolo de actuación en caso de lesións deportivas, comunicando a obriga de presentarse no Hospital Xeral de Caranza portando o carné expedido por  Xogade. Estes carnés estarán en poder do delegado do equipo. Ademais, lembrouse a necesidade de avisar a un directivo do club para que proceda a cubrir o correspondente parte de lesión. 
 
3. MERENDA TRIMESTRAL: Acordouse organizar unha merenda nas instalacións do club o martes, 1 de marzo.
 
4. CLAUSURA EN STª. CATALINA. A data prevista para a clausura da temporada é o sábado, 4 de xuño. A directiva solicitou a colaboración das familias para organizar este acto.
 
5. VARIOS:
Comunicouse a convocatoria da Asemblea xeral ordinaria para o venres, 29 xaneiro, ás 20.00 h.
Informouse da existencia de material a prezo rebaixados: chaquetóns, polos e chándals.
Solicitouse a colaboración para xestionar a páxina web do club.
Finalmente, preguntouse pola conveniencia de celebrar un xantar para pechar a temporada 2015-16.
 
6.    SUXESTIÓNS:
  • As familias solicitaron a presenza dun representante do club no momento da saída de Ares, cando haxa que desprazarse a outros campos.
  • Tamén se comentou a posibilidade de trasladar a sesión de adestramento á pista polideportiva do centro escolar, en caso de non poder utilizar as instalacións de Prados Vellos.
 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.