PREBENXAMINS. NUMANCIA, 6 – MINO, 3.

GRAN REMONTADA

Partido correspondente a 2ª xornada de liga (1ª fase) prebenxamin no grupo A disputado na maña do pasado sábado no campo de Prados Vellos entre o Numancia e o Miño con resultado final de 6 – 3. Ao descanso o resultado era de 1 – 3.
 

Ares, 26 de setembro de 2015.

FICHA TECNICA

NUMANCIA: Mario, Rubén, Alex, Cristian, Lucas Varela, Oscar, Adrian e Arturo (C). Tamén xogaron Carlos, Lucas Espiñeira, Manu e Daniel.

Adestrador: Marcelo Couce Barbeito.

Delegado: Enrique Dragoevich Ibañez.

MIÑO: Hugo, Bruno Rodríguez, Borja, Adrián, Bruno Vázquez, Carlos, José e Sebas (C). Tamén xogaron Xoel, Roi, Héctor, Raúl, Martín e Rubén.

Adestrador: Roberto García Mellid.

Delegado: José M. Díaz Cortes.

ARBITRO: Cristian Vidal Bouza. Sen incidencias.

GOLES:

0 - 1: BRUNO (min. 3), libre directo que rexeita Mario pero Bruno moi atento en boca de gol mete o corpo e marca.

0 - 2: BORJA (min. 15), gol de libre directo de Borja que supera a Mario por arriba.

0 - 3: ROI (min. 21), disparo bombeado de Roi desde fóra da área que supera ao porteiro por arriba.

1 - 3: ALEX (min. 24), condución de Carlos pola dereita, centro á área e balón que rexeita a defensa e do que se aproveita Alex para marcar de disparo cruzado.

2 - 3: CRISTIAN (min. 28), balón pelexado por Alex no lateral dereito, centro á área e remate de Cristian ao fondo da rede.

3 - 3: ALEX (min. 30), saque de esquina que executa Alex, rexeita a defensa e volve recoller Alex quen desde a liña de fondo e sen apenas ángulo de tiro remata e marca.

4 - 3: ALEX (min. 38), saque en longo de Mario que chega a Alex, en xogada individual e sorteando aos contrarios alcanza a frontal da área para bater ao porteiro.

5 - 3: ALEX (min. 45), roubo de balón de Alex no círculo central para en xogada individual alcanzar a área rival e marcar.

6 - 3: LUCAS ESPIÑEIRA (min. 47), rexeite na área visitante do que se aproveita Lucas para marcar desde a frontal.

Partido que pronto se poñía de cara para os visitantes pois ao pouco do comezo xa se poñían por diante cun gol de Bruno. Continuou o Miño controlando e dominando claramente o partido ante un Numancia que apenas lograba pasar do círculo central. Consecuencia dese dominio chegarían dous novos tantos visitantes para poñer o 0 - 3. Puideron ser algúns máis, pero as boas intervencións do meta local Mario evitaron esa posibilidade. Nos últimos minutos reacción local e conseguían chegar á área visitante cun par de lanzamentos de esquina e un libre directo. Xusto antes do descanso Carlos pelexaba e facíase cun balón en campo rival, corría a banda para poñer un centro que rexeitaba a defensa e do que se aproveitaba Alex para establecer o 1 - 3 co que se chegaba ao descanso.

O gol local na última xogada do primeiro tempo debeu de ser psicolóxico posto que na segunda parte viuse un partido totalmente distinto. Os de Ares saíron con outra mentalidade e desde os primeiros minutos tomaron o temón do partido. Pronto Cristian acurtaba distancias e pouco despois Alex empataba o choque. O partido dera un xiro radical, agora eran os aresáns os que dominaban a situación ante un Miño que veu abaixo e ao que lle custaba chegar á área numantina. Mediado o segundo tempo Alex remontaba o marcador, e pouco despois repetía para poñer o 5 - 3. A poucos minutos do final Lucas Espiñeira marcaba o sexto tanto local e redondeaba a remontada aresana.

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.



 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.