PREBENXAMINS “A”. NUMANCIA “A”, 11 – ANIMAS, 2.

DESPEDIDA CON GOLEADA


Vitoria dos prebenxamíns “A” por once a dous fronte o Ánimas en partido xogado na tarde do pasado martes en Prados Vellos. O encontro correspondente a 22ª xornada da 2ª fase da liga prebenxamín no grupo 1 chegou ó descanso cun marcador de sete a un.


Ares, 5 de maio de 2015


FICHA TÉCNICA


NUMANCIA “A”: Marcos, David, Hugo, Iker, Isma, Lucas (C), Aketx e Ángel. Tamén xogou Xerar.


Adestrador: Borja Vilasánchez Rodríguez.


2º adestrador: Vicente Ángel Guerrero Mena.


Delegado: Ángel Blanco Cartelle.


ANIMAS: Xoan, Hugo, Eric (C), Braian, Pablo, Alex, Tamirat e Jose. Tamén xogaron Sergio, Erik, Izan, Raúl, Sergi  e Alexandre.


Delegado: Rafael Figueroa Teijeiro.


ARBITRO: Francisco López Gómez. Sen incidencias.


GOLES:


1 - 0: HUGO (min. 1), contragolpe do Numancia iniciado en campo propio por Lucas pase en longo para Ángel quen conduce ata o bordo da área, devolve a Lucas, éste remata e rexeita a defensa, do rexeitamento aprovéitase Hugo para rematar, o balón touca nun defensa e se coa na portaría.


2 - 0: LUCAS (min. 5), balón pelexado por Hugo na frontal esquerda da área visitante, o xogador aresano consegue facerse co balón, abre cara ao centro para Lucas i éste envía o balón ao fondo da rede.


3 - 0: ISMA (min. 7), disparo afastado de Isma que entra pegado á base do pau.


4 - 0: LUCAS (min. 10), saque do porteiro visitante que intercepta Isma co peito, o balón cae diante de Lucas quen marca por alto.


5 - 0: ISMA (min. 14), saque do porteiro que se queda curto, Isma faise co balón encara a meta visitante e marca de disparo raso.


6 - 0: ISMA (min. 15), roubo de balón de Aketx en banda dereita, cede para Isma quen se interna ata o pico da área e marca de disparo cruzado.


7 - 0: LUCAS (min. 17), córner moi pechado que executa Lucas, toca o porteiro visitante e o balón se coa en propia meta.


7 - 1: ERIC (min. 19), de libre directo pola escuadra.


8 - 1: HUGO (min. 28), balón en longo de Isma para Hugo quen o pelexa con Sergio, finalmente Hugo faise con él e ante a saída do porteiro crúzao ao segundo pau.


9 - 1: LUCAS (min. 30), libre directo de Xerar que rexeita o gardameta, o balón queda morto en boca de gol, Lucas adiántase aos defensores mete o pé e marca.


9 - 2: ALEX (min. 33), de penalti.


10 - 2: ISMA (min. 39), xogada individual de Isma que parte do círculo central ata plantase na área para bater ao meta de disparo cruzado.


11 - 2: ISMA (min. 43), internada por banda esquerda de Ángel ata alcanzar o pico da área dende onde pon un pase medido ao centro da área pequena dende onde Isma marca a pracer.


Primeiros vintecinco minutos de claro dominio local e nos que os de Ares deixaron visto para sentenza o partido. A superioridade dos de Ares asfixiando ao rival no seu campo propíciolles facer sete dianas. Poucas opcións para un Ánimas que tivo as súas mellores ocasións en xogadas a balón parado. A primeira no minuto 12 cun lanzamento de falta de Alex que se estrelaba no longueiro. Minutos máis tarde Eric marcaría de libre directo. E na xogada posterior, un córner moi pechado sacábao Marcos baixo os paus. Finalmente marchamos ao descanso cun parcial de 7 - 1.


Na segunda metade o Ánimas saíu algo máis metido no partido e avisaba nos minutos iniciais cun disparo de Alex que marchaba lixeiramente cruzado. Pero respondían os de Ares con dous novos goles case consecutivos. Posteriormente chegaba o gol de Alex de penalti para os visitantes. No minuto 37, nova ocasión para o Ánimas, pero o lanzamento directo de Eric encontrábase coa cruceta. Case de seguido Isma arrancaba en xogada persoal dende o centro do campo e anotaba un novo gol para os locais. Intentouno o Ánimas dende o saque de esquina pero ao remate de cabeza de Alex respondía Marcos cunha boa parada. Pouco despois outra boa intervención de Marcos malograba unha nova ocasión visitante a un lanzamento de libre directo de Alex. A pouco do final un novo gol de Isma deixaba o marcador no definitivo 11 - 2.


Con este partido o prebenxamín "A" despídese do campeonato de liga despois dunha máis que aceptable competición na que os de Ares alcanzaron o cuarto posto da táboa do grupo 1º. Noraboa rapaces.


O próximo fin de semana, 8 e 9 de maio, os prebenxamíns “A” do Numancia disputarán o Torneo de Convivencia da Delegación de Ferrol nas instalacións de Río Seco (Narón).


Pulsa no seguinte enlace para ver resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.