PREBENXAMINS “A”. G. DE MUGARDOS, 1 – NUMANCIA “A”, 6.

GRAN PARTIDO DOS DE ARES

Vitoria a domicilio dos prebenxamíns “A” do Numancia por seis goles a un fronte o Mugardos en partido xogado na maña do pasado sábado en A Pedreira. O encontro correspondente a 19ª xornada da 2ª fase da liga prebenxamín no grupo 1 chegou ó descanso cun marcador de un a dous.

 


Mugardos, 18 de abril de 2015

FICHA TÉCNICA

G. MUGARDOS: Antón, Diego, Martín, Sergio, Pablo, Xiao, Samuel (C) e Lucas. Tamén xogaron Mario, Juan, Fran, Mauro, Xavier e Alex.

Adestrador: Juan Fernández.

2º adestrador: Emilio Hermida Villares.

Delegado: Miguel Mosquera Rama.

NUMANCIA “A”: Marcos, David, Xerar, Iker, Isma, Aketx (C), Dani e Ángel. Tamén xogou Hugo.

Adestrador: Borja Vilasánchez Rodríguez.

Delegado: Ángel Blanco Cartelle.

ARBITRO: Daniel Rodríguez Solloso. Sen incidencias.

GOLES:

G. de Mugardos: Diego.

Numancia: Hugo (2), Isma (2), Xerar e Aketx.
Numancia de Ares. Prebenxamíns "A"
Na mañá de sábado disputábase o derby prebenjamin entre G. de Mugardos e Numancia A, dous equipos que empataran na primeira volta e que viñan separados por dous puntos a favor dos mugardeses, polo que o partido se prevía entretido e disputado. Empezaba o choque adiantándose os de Ares por medio de Isma, pero rápidamente igualaría Diego para o Mugardos. Seguirían as ocasións continuas para ambos os dous equipos neste primeiro tempo e nunha delas Hugo, poñería o 1 - 2 antes do descanso, tras transformar unha pena máxima. Isto deu confianza a un Numancia que tras o descanso foi outro. Na segunda parte puidéronse ver o que poida que foran os mellores minutos deste equipo no que vai de temporada. Viuse un equipo concentrado, con ganas e facendo moi ben as cousas. Todos defendían e atacaban cunha idea, Marcos estivo acertado sempre que se lle necesitou e Isma foi un pesadelo para os locais nestes 25 minutos que serviron para levar o resultado ata o 1 - 6 final. Pero o máis importante de todo, a felicidade dos nenos ao final do partido, pois só había que verlles as caras para saber que fixeran ben as cousas. Enhoraboa.

O próximo fin de semana os prebenxamíns “A” do Numancia recibirán en Prados Vellos a visita da AD Miño.

Pulsa no seguinte enlace para ver resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.