PREBENXAMINS “A”. NUMANCIA “A”, 4 – EFR FERROL “B”, 2.
BO E ENTRETIDO PARTIDO
Vitoria do equipo prebenxamín “A” do Numancia por catro goles a dous fronte a EF do Racíng de Ferrol “B” en partido xogado no serán do pasado venres en Prados Vellos. O encontro correspondente a 18ª xornada da 2ª fase da liga prebenxamín no grupo 1 chegou ó descanso con empate a cero.
Ares, 10 de abril de 2015
FICHA TÉCNICA
NUMANCIA “A”: Marcos, Xerar, Hugo, Iker, Isma (C), Lucas, Dani e Ángel. Tamén xogaron David e Aketx.
Adestrador: Borja Vilasánchez Rodríguez.
2º adestrador: Vicente Ángel Guerrero Mena.
Delegado: Ángel Blanco Cartelle.
EFR FERROL “B”: Adrián (C), Raúl, Ramón, Jorge, Gonzalo, Leo, Iker Sabin e Ignacio. Tamén xogaron Matías, Iker Villar e Miguel.
Adestrador: José Luís Sequeiro Romalde.
Delegado: Yerai Garel Riobi.
ARBITRO: Borja López Laplaña. Sen incidencias.
GOLES:
1 - 0: Hugo (min. 28), forte disparo afastado de Isma que rexeita o porteiro, do rexeitamento aprovéitase Hugo para marcar.
1 - 1: Ignacio (min. 29) centro chut de Ignacio dende a esquerda que Marcos non é capaz de atallar.
2 - 1: Hugo (min. 31) disparo de Aketx dende o lado esquerdo que rexeita o porteiro, Hugo se adianta aos defensas e marca.
3 - 1: Xerar (min. 35) golazo por toda a escuadra nun libre directo dende a esquerda executado por Xerar.
3 - 2: Isma (propia porta) (min. 39) córner moi pechado que bota o Racing, o balón dá en Isma e se coa na portaría.
4 - 2: Hugo (min. 44), roubo de balón dos de Ares no círculo central, pase en longo para Hugo que se vai por velocidade dos seus marcadores e marca de disparo raso ante a saída do porteiro.
No partido disputado o pasado venres entre o Numancia e o Racing de Ferrol "B" gozamos dun bo partido de fútbol, entre dous equipos que chegaban moi parellos na clasificación. O Numancia a medida que trancorreron os minutos foise facendo dono do partido, agás nos primeiros minutos onde o Racing saíu máis convencido que os nosos. Pero co primeiro tanto local, o Numancia, xa máis tranquilo ofreceu unha boa versión, que lle serviu para gañar o partido con comodidade e seguir progresando ata o final da competición.
O próximo fin de semana os prebenxamíns “A” do Numancia xogarán a domicilio fronte o G. de Mugardos na Pedreira, o partido será o sábado 18, as 12:00 h.
Pulsa no seguinte enlace para ver resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.