PREBENXAMINS “B”. NUMANCIA “B”, 3 – CARIÑO, 1.

VOLVEN A SENDA DAS VITORIAS.

Vitoria do equipo prebenxamín “B” do Numancia por tres goles a un fronte o Cariño en partido xogado na maña do pasado sábado en Prados Vellos. O encontro correspondente a 17ª xornada da 2ª fase da liga prebenxamín no grupo 2 chegou ó descanso cun marcador de un a cero.

 


Ares, 28 de marzo de 2015

FICHA TÉCNICA

NUMANCIA “B”: Oscar, Mateo Martinez, Leo, Alejandro, Luís, Mateo García (C), Sergio e Rubé. Tamén xogaron Cristián e Papa Omar.

Adestrador: Borja Vilasánchez Rodríguez.

2º entrenador: Vicente Ángel Guerrero Mena.

Delegado: Ángel Blanco Cartelle.

CARIÑO: Hugo, Luís, Anxo, Asier, Alejandro, Daniel (C), Xoel e Alex. Tamén xogaron Unai, Andrés e Adrián.

Delegado: Javier Balado Ramonde.

ARBITRO: Miguel Ángel Orozco Castaño. Sen incidencias.

GOLES:

Numancia: Alejandro (2) e Luís.

Cariño: Alejandro.

 

 



Antes de comezar o partido gardouse un minuto de silencio en recordo das vítimas do accidente aéreo dos Alpes.

Despois da derrota sufrida a pasada semana no campo de Aneiros fronte ao Portuarios, chegaba a Prados Vellos un gran equipo como é o Cariño, pero os numantinos estaban con ganas de conseguir unha nova vitoria e así foi. Como na primeira volta, o partido contra o Cariño foi de moita intensidade, e por sorte, aínda a estas idades, ser máis intenso marca a diferenza entre as vitorias e as derrotas. O partido non tivo demasiadas ocasións claras de gol, pero os de Ares aproveitarían a súa e na primeira parte chegouse ao descanso con 1 - 0 tras un maxistral disparo de falta de Luis.

Na segunda parte un gran Alejandro anotaría o 2 - 0. O Cariño apertaría máis, influído polo resultado tendo algún achegamento á portaría local. Froito diso chegaría o 2 - 1, que marcaba Alejandro. Con este apertado resultado o Numancia non se viría abaixo, volvendo a tomar o control do xogo. O dominio local transformaríase nun novo gol de Alejandro que significaba o 3 - 1 definitivo.

A próxima semana parase a competición liguera con motivo da Semana Santa. Ainda así un equipo prebenxamín do Numancia participará no III Torneo de Fútbol – 8 Concello de Mugardos, a celebrar no campo da Pedreira, o xoves 2 de abril.

A competición oficial de liga retomarase na segunda semana de abril, despois da Semana Santa, onde os prebenxamíns “B” do Numancia desprazaranse ata o campo de Os Pinares (Fene) para xogar o seu partido fronte o Perlio.

Pulsa no seguinte enlace para ver resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.