PREBENXAMINS “A”. NUMANCIA “A”, 1 – AS PONTES, 1.

VER PARA CRER

Partido correspondente a 10ª xornada da Liga Prebenxamín grupo 1, disputado na mañá do sábado en Prados Vellos ante numerosos espectadores de ambos equipos.

 



Ares, 7 de febreiro de 2015.

FICHA TÉCNICA:

NUMANCIA "A": Marcos (C), Dani, Lucas, Iker, Ángel, Isma, Aketx e Hugo. Tamén xogou: David.

Adestrador: Jorge Martínez Varela.

Delegado: José Ramón Hermida Varela.

CD AS PONTES: Dani, Diego, Antonio, Eric, Xalo, Sergio, Alex e Destam. Tamén xogaron: Adrián, Graña, Xavi, Rodri e Alejandro.

Adestrador: Borja Guerreiro Fornos.

Delegado: José Manuel Lozano Alonso.

COLEXIADO: D. Álvaro Herrero Freire. Sen incidencias.

GOLES:

1 - 0 (ÁNGEL) Falta lanzada por Lucas que rexeita o porteiro pontés, o rechace chega a un atento Ángel que anota a portería valeira, (minuto 38).

1 - 1 (DIEGO) Balón que rouba Diego para batir a Marcos de forte disparo (minuto 44).

CRÓNICA:

Bonito partido o que disputaron na fría mañá do sábado dous equipos de último ano como son o Numancia e o CD As Pontes dentro do grupo forte da Liga Prebenxamín. Houbo emoción e loita deportiva ata o último minuto do partido.
Numancia de Ares. Prebenxamíns "A".
Na primeira metade un equipo visitante moi físico, ben plantado e organizado no campo era superado unha e outra vez polo Numancia grazas ó bo xogo dos aresáns, con combinacións, pases á espalda e internadas por banda. O Numancia gozou de moitas ocasións claras de gol pero a falta de acerto ou as intervencións do porteiro pontés evitaban que os goles chegaran antes do descanso.

Na segunda metade, bo xogo dos numantino e insistencia ante a portería visitante, pero hoxe non era o día. Por fin no minuto 38 chegaba o 1 - 0 por medio de Ángel. Poido sentenciar o Numancia con varios disparos de falta e ocasións erradas. Pero no minuto 44, o visitante Diego roubaba un balón e disparaba anotando o 1 - 1. Nos últimos cinco minutos novas ocasións para o Numancia pero cando o balón non quere entrar non entra. Hai días así durante a temporada.

En definitiva, hoxe demostrouse que non sempre que se xoga ben se consigue a vitoria. Pero resultado aparte as sensacións foron moi positivas sendo un dos partidos mais completos do Numancia nesta temporada. O resultado foi de empate, pero as vitorias nestas categorías non deben chegar de calqueira maneira.

Na vindeira xornada, o Numancia finalizará a primeira volta visitando as instalacións de A Gándara para medirse a SRD Ánimas de Ferrol. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.