PREBENXAMINS “A”. MIÑO, 1 – NUMANCIA “A”, 6

BO TRABALLO NUN DÍA COMPRICADO

Partido correspondiente a 9ª xornada da Liga Prebenxamín grupo 1, disputado no frío mediodía do sábado no campo Municipal de Gallamonde de Miño ante numerosos espectadores de ambos equipos.

 


Miño 31 de xaneiro de 2015.

FICHA TECNICA

AD MIÑO: Roberto, Víctor, Antón, Bruno (C), Murilo, Adrián, Pablo e Xoel. Tamén xogaron: Bruno, Ricardo, Aitor, Roi e Raúl.

Adestrador: Miguel Forcelledo López.

Delegado: Francisco Salido Domínguez.

NUMANCIA: Marcos, Dani, David, Iker, Ángel (C), Isma, Aketx e Hugo. Tamén xogaron: Xerar e Lucas.

Adestrador: Jorge Martínez Varela.

Delegado: José Ramón Hermida Varela.

COLEXIADO: D. Francisco García Rodríguez. Sen incidencias.

GOLES:

0 - 1 (AKETX) Córner sacado por Hugo que remata Aketx no segundo pau (minuto 5).

0 - 2 (HUGO) Boa xogada individual de Hugo que termina en gol (minuto 12).

1 - 2 (MURILO) Roubo de balón de Murilo que aproveita para finalizar ante Marcos (minuto 18).

1 - 3 (ÁNGEL) Internada na área de Ángel que despois de varios regates bate a Roberto de tiro cruzado (minuto 22).

1 - 4 (HUGO) Xogada individual con varios regates de Hugo que él mesmo finaliza en gol (minuto 26).

1 - 5 (XERAR) Gran pase de Isma que habilita a Xerar para anotar diante de Roberto (minuto 33)

1 - 6 (LUCAS) Boa asistencia de Xerar para que Lucas anote diante de Roberto (minuto 44)

CRÓNICA:

Nunha mañá de sábado con frío e chubascos fortes visitaba o Numancia prebenxamín a un vello coñecido, o AD Miño dentro da esixente competición da Liga Prebenxamín no seu grupo primeiro.Numancia de Ares. Prebenxamins "A"

Despois duns primeiros minutos de tanteo, o Numancia colleu o timón do partido anotando Aketx e Hugo os dous primeiros goles. Murilo acurtaba distancias para o Miño. Antes do descanso, Ángel conseguía o 1 - 3 resultado que non foi mais favorable aos intereses do Numancia ao descanso grazas as botas intervencións do gardarredes local Roberto, que abortou varias ocasións claras dos numantinos.

Na segunda metade, o Numancia por fin poido sentenciar o encontro, grazas aos goles tempraneiros de Hugo e de Xerar. Pouco antes do final, Lucas anotaba o 1 - 6 definitivo antes de que unha forte saraibada provocara que con bo criterio o colexiado asubiara o final do partido, que durou cinco minutos menos do habitual para protexer a integridade física dos nenos. Porque como todos sabemos a saude e moito mais importane que os goles...

En definitiva, partido serio dun Numancia sólido e concentrado desta vez no partido e no xogo que tivo como premio o reencontro coa vitoria.

O próximo sábado as 11:30 o Numancia recibirá a visita do CD As Pontes en Prados Vellos. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.