Inicio Noticias Pre Benxamíns PREBENXAMINS “B”. NUMANCIA "B", 9 – G. CARANZA “B”, 1.
 
 

PREBENXAMINS “B”. NUMANCIA "B", 9 – G. CARANZA “B”, 1.

CONTINÚA A BOA RACHA.

Vitoria do equipo prebenxamín “B” da ADR Numancia de Ares por nove a un fronte o G. de Caranza “B” nunha fría maña do sábado en Prados Vellos. O encontro correspondente a novena xornada da 2ª fase da liga prebenxamín no grupo 2 chegou ó descanso con vitoria local por 5 - 1.
 

Ares, a 31 de xaneiro de 2015

FICHA TÉCNICA

NUMANCIA "B": Oscar (C), Leo, Cristián, Mateo García, Mateo Martínez, Alejandro, Sergio e Mario. Tamén xogaron Luís e Papa Omar.

Adestrador: Borja Vilasánchez Rodríguez.

Delegado: Ángel Blanco Cartelle.

G. CARANZA “B”: Hugo, Manuel, Daniel, Alexander, Martín, Iker, Thiago (C) e Anxo.

Adestrador: José Fernández Amado.

Delegado: Ignacio Pato González.

ARBITRO: Pablo Peña Díaz. Sen incidencias.

GOLES:

0 - 1: Iker (min. 6), perdida de balón dos de Ares no círculo central co que se fai Iker para en xogada persoal chegar á frontal da área dende onde bate a Oscar.

1 - 1: Papa Omar (min. 9), centro de Luís á área para Alejandro que dispara próximo á frontal, o porteiro rexeita o balón do que se aproveita Papa Omar entrando dende atrás para marcar.

2 - 1: Alejandro (min. 11), xogada combinativa dos de Ares que inicia Sergio na frontal dereita da área con pase cara ao centro para Mario, éste abre á esquerda para Alejandro quen libre de marca envía ao fondo da rede.

3 - 1: Alejandro (min. 16), roubo de balón de Alejandro en banda dereita, entra na área polo lateral e pon un centro chut que toca o porteiro, pero non o suficiente para evita que o esférico supere a liña de gol.

4 - 1: Luís (min. 21), forte disparo de Luís dende tres cuartos de campo que supera o porteiro por arriba.

5 - 1: Luís (min. 23), novamente de disparo afastado.

6 - 1: Leo (min. 35), dende a frontal da área ao aproveitar un rexeitamento da defensa visitante.

7 - 1: Cristian (min. 40), de disparo dende fóra da área.

8 - 1: Alejandro (min. 44), balón rifado na área do que se aproveita Alejandro para marcar.

9 - 1: Luís (min. 47), gol directo de Luís de saque de esquina.

Saía algo durmido o equipo numantino nos primeiros minutos de xogo ante un Caranza algo máis agresivo. Así conseguiron adiantarse os ferrolanos co gol de Iker despois dunha xogada persoal súa. O gol levantou da cama aos aresanos, quitaronse o pixama, calzáronse a camisola vermella, comezaron a quentar motores e pouco a pouco foron entrando no partido. Aos nove minutos Papa Omar igualaba o choque ao aproveitar un rexeitamento do porteiro despois dun disparo de Alejandro. O gol do empate levantou definitivamente os ánimos locais e supuxo o pistoletazo de saída da goleada local. Apenas uns minutos máis tarde e despois dunha bonita xogada de combinación dos de Ares, Alejandro poñía o 2 - 1 e daba a volta ao marcador. Este mesmo xogador sería o que no minuto dezaseis marcaba o 3 - 1. O Caranza puido acurtar distancias con dúas contras consecutivas, pero afortunadamente para os intereses locais os dianteiros ferrolanos non estiveron acertados. No tramo final do primeiro período, dous novos goles, ambos os dous de Luís, establecían o 5 - 1 co que chegabamos ao descanso.

Na segunda parte foi máis do mesmo, o Numancia fíxose co control do balón e foi o claro dominador do partido. Os de Ares apenas pasaron apuros neste segundo período ante un Caranza que foi minguándose fisicamente en parte debido a que soamente contaban cos oito xogadores de campo. Os goles de Leo, Cristian, Alejandro e Luís deixaban o marcador no coñecido resultado de Numancia "B" 9 - G. de Caranza "B" 1.

En resumo moi bo partido dos aresanos que seguen sumando unha semana máis, Partido no que cabe destacar a boa actuación do xogador biberón Mario que botaba unha man ao equipo prebenxamín suplindo a ausencia de efectivos.

O próximo fin de semana o equipo prebenxamín “B” do Numancia desprazarase ata Pontedeume para disputa a décima xornada de competición fronte o Eume Deportivo.

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.



 

Colaboradores

Coa colaboración do concello de Ares

Coa colaboración da Deputación da Coruña.

Deporte Galego.

Real Federación Galega de Fútbol

Bodegas & Vinos Ares. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Hotel - Restaurante VILLA DE ARES.

Ferretería SAR.

Centro de Quiromasaxe DOENZAS.

Seguros ZAMBORELA

Smash Padel 4

Ópticas NOROESTE Farmaóptica

Asesoría OCAMPO

Floristeria REAL

Euronics Ares.

O BODEGON

Barbería CARTELLE

Industrias LOPEZ CARTELLE

Promociones GAMUNDI Y FERNANDEZ, S.L.

GAMMA RAMIL

Artigos de regalo e papelería NIN IDEA.

Clínica Veterinaria SAN ANTONIO.

El Kiosko de EMMA

AGROTENDAS. Agro Pet Garden

Mesón - Restaurante - Vinoteca A FERRADURA.

Tarrafa . Colaborador coa ADR Numancia de Ares

Cafe Bar El Puente. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Yambú Café. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Textura Restaurante. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Recuncho das Teas. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Muro. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

IngeniAres Servicios de Ingenieria. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Regaifa. Panes & Dulces. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Coviran. Autoservicio Gelis. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Bazar Moncho, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería y Estética María Roel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Salón de Belleza LYP, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Thayberna, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Barros & Brage. Administración de Fincas, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar Avenida, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar O Gaiteiro, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Forno Cotos, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Proxest, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería Unisex Piscis, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Domus Aseores Inmobiliarios, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bazar Chino Universo , colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar "Os Cuñaos - Playares", colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bocarte Gastrobar, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Autoescuela Ruta24 - COFEPA - Caranza, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Asesoría Sar Ares S.L., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Panadería García López., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

O Palco, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

DV Albañilería, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Don Ero, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Innova Jardín, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peixería Mares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Frutas Anxo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Complementos La Llave de Ares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Servicios Inmobiliarios Housefulness, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Construcciones MCA Hijos de Aquilino SL, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Carnicería Charcutería Ángel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Cafetería Casino Aresano, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Ares Clínica Dental, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Joyería Aresjoya, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

José Bañobre Peluqueros, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Casa Nova Vinoteca, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar Callejón, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Red Infinita, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Error Ferrol, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Trisi Sport, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Restaurante Pizzería Corbalán, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

El pez rojo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Áncora Librería Papelería. Colaborador  coa A.D.R. Numancia de Ares

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.