PREBENXAMINS "A". NUMANCIA "A", 4 - G. MUGARDOS, 4.
EMPATE ENTRE VECIÑOS.
Partido correspondente a 8ª xornada da Liga Prebenxamín grupo 1,disputado na tarde do venres en Prados Vellos ante numerosos espectadores de ambos equipos.
Ares, 23 de xaneiro de 2015.
FICHA TÉCNICA:
NUMANCIA: Marcos, Dani, Lucas, Iker, Hugo (C), Isma, Aketx e Xerar. Tamén xogaron: Ángel e David.
Adestrador: Jorge Martínez Varela.
Delegado: José Ramón Hermida Varela.
G. DE MUGARDOS: Mario, Antón, Diego, Martín, Sergio, Xiao, Samuel e Lucas. Tamén xogaron: Pablo, Alexandre, Juan, Mauro, Iago e Xavier.
Adestrador: José Manuel Piñeiro Fernández.
Delegado: Juan Fernández Pérez.
COLEXIADO: D. Juan Carlos Blanco García. Sen incidencias.
GOLES:
0 – 1 (ANTÓN) Saque de esquina que remata Antón no segundo pau (minuto 3).
0 – 2: (DIEGO) Lanzamento de Diego dende fora da área que sorprende a Marcos (minuto 11).
1 – 2: (HUGO) Xogada combinativa entre Isma e Hugo que éste último termina en gol (minuto 19).
1 – 3: (ANTÓN) Saque de banda, o balón chega a Antón e éste bate a Marcos (minuto 21).
1 – 4: (SERGIO) Gol de libre directo de Sergio (minuto 24).
2 – 4: (XERAR) Tiro cruzado de Xerar que sorprende a Pablo (minuto 29).
3 – 4: (HUGO) Gran gol de libre directo de Hugo (minuto 30).
4 – 4: (ISMA) Lanzamiento de Isma dende fora da área que bate a Pablo (minuto 50).
CRÓNICA:
Numancia e Galicia de Mugardos disputaron o primeiro derbi da temporada en categoría prebenxamín. Foi un partido vistoso, emocionante e con moitos goles que finalmente rematou en táboas.
Na primeira parte o equipo visitante foi superior xa que se aproveitou dos erros, nervios e imprecisións do equipo numantino. A superioridade mugardesa viuse reflexada no marcador xa que no descanso éste era de 1 – 4 favorable ao Galicia de Mugardos.
Na reanudación foi mellor o Numancia que amosou a intensidade, forza e pegada de anteriores partidos. Os numantinos melloraron a mala imaxe da primeira metade para conseguir na segunda parte tres goles que establecían o definitivo 4 – 4 no marcador.
En resumo, gran partido de prebenxamíns. Un derbi que xuntou en Prados Vellos a moitos afeccionados de Ares e de Mugardos nunha tarde agradable para a práctica do fútbol.
A vindeira fin de semana o Numancia visitará ao AD Miño no campo Municipal de Gallamonde nun novo partido desta Liga Prebenxamín grupo 1, onde todos os equipos son sólidos e fortes e onde ningúen da un partido por perdido.
NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡
Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.