PREBENXAMINS “A”. NUMANCIA “A” 11 – R. SAN PEDRO, 1.

VOLVENDO CON MOITA FORZA

Partido correspondente a 6ª xornada da Liga Prebenxamín grupo 1, disputado na mañá do sábado en Prados Vellos ante numerosos espectadores de Prados Vellos.


Ares 10 de xaneiro de 2015.

FICHA TÉCNICA:

NUMANCIA: Marcos, Dani, Lucas, Iker, Ángel, Isma (C), Hugo e David. Tamén xogou: Xerar.

Adestrador: Jorge Martínez Varela.

Delegado: José Ramón Hermida Varela.

RACING SAN PEDRO: Marcos, Mauro, Diego, Joel, Nico, Jesús, Hugo e Santi. Tamén xogaron: Andrés, Iker, Brandon, Alex e Adrián.

Adestrador: Marcos González García.

Delegado: Alejandro Carneiro Penabal.

COLEXIADO: D. Rufino Moya Veiga. Sen incidencias no seu debut na arbitraxe.

GOLES:

Numancia: Xerar (4), Hugo (4), David (2) e Ángel.

R. San Pedro: Nico.

CRÓNICA:
Prebenxamíns: Numancia "A" - R. San Pedro (10/01/2015).
Nunha maña con nubes e bastante frío en Prados Vellos o Numancia e o Racing San Pedro reanudaban a Liga Prebenxamín grupo 1 despois do parón navideño. Vimos un partido de clara cor vermella no que os numantinos foron superiores aos ferrolás durante os 50 minutos.

Na primeira metade chegaban dous goles consecutivos de David nos primeiros 5 minutos. No minuto 10 os visitantes conseguían o 2 - 1 por medio de Nico, pero os numantinos meteron unha marcha mais e conseguían marcharse ao descanso con vitoria por 4 - 1.

Na segunda metade dominio moi claro dos aresás que con boas combinacións, velocidade e disparos dende media distancia aumentaron considerablemente o marcador ata chegar ao definitivo 11 - 1 ao término do encontro.

Destacar o debut na arbitraxe no partido de hoxe do colexiado Rufino Moya Veiga ao que desexamos moita sorte no futuro.

En resumo, bo comezo de 2015 para un Numancia prebenxamín que recuperou as boas sensacións neste partido, conseguindo auparse tras esta vitoria ao 5º posto da Liga forte de prebenxamíns de Ferrolterra.

Na vindeira fin de semana, o Numancia xogará na mañá do sábado no campo de A Malata ante o Racing de Ferrol "B". ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.