PREBENXAMÍNS. III TORNEO DE FUTBOL – 8 "ONCE CABALLEROS C.F."

FACENDO RUIDO POLA PROVINCIA ADIANTE


O pasado venre 26 de decembro un equipo prebenxamín do Numancia desprazouse ao campo de A Barcala do Concello de Cambre onde participou no III Torneo Provincial do Once Caballeros CF.


NUMANCIA: Marcos, Dani, Lucas, David, Iker, Ángel, Xerar, Hugo e Luís.


Adestrador: Jorge Martínez Varela.


Delegado: José Ramón Hermida Varela.


Na fase de grupos, o Numancia xogou tres partidos de 25 minutos cada un no grupo 4, foron os seguintes:


11:30.- NUMANCIA 6 – BETANZOS CF 1


Partido no que os numantinos foron claramente superiores ao Betanzos, actualmente 3º clasificado da Liga de As Mariñas grupo 4. Os de Ares pronto encarrilando o partido, anotando os betanceiros o gol da honra nos últimos minutos.


13:30.- NUMANCIA 0 – XUVENTUDE OROSO 2.


Partido igualado entre o 1º clasificado da zona de Santiago, o potente X. Oroso e o noso Numancia. Partido disputado de poder a poder que se decantou a favor dos santiagueses en dous despistes da zaga numantina.


16:30.- MARINO DE MERA 0 – NUMANCIA 2.


Necesitaba empatar o Numancia para clasificarse para cuartos de final. Os numantinos xogábanse o pase a seguinte fase nun duelo directo ante o 3º clasificado da Liga das Mariñas grupo 5. O partido foi de dominio do Numancia con bastantes ocasións desbaratadas polo bo porteiro de Mera. Pero na última fase do partido os atacantes numantinos estiveron mais acertados dando a vitoria e a clasificación para cuartos de final ao Numancia.


Nos cuartos de final tamén se xogaba un tempo de 25 minutos. O Numancia segundo clasificado do grupo 4 medíase ao potente Victoria "A" de A Coruña campión do grupo 3.


17:30.- VICTORIA CF 3 – NUMANCIA 0 (Cuartos de Final)


Partido moi igualado nos primeiros 15 minutos. Os numantinos subíronse ás barbas dos coruñeses e tiveron varias ocasións para adiantarse no marcador. No minuto 16 chegaba o 1 - 0 para os herculinos. Nos últimos minutos a maior frescura dos blanquinegros poido cun Numancia que asumiu riscos buscando ó empate.


En resumo, no aspecto deportivo gran Torneo do Numancia que venceu a dous conxuntos importantes de As Mariñas como o Betanzos e o Marino de Mera. As derrotas chegaron ante o campión e o subcampión do Torneo. O campión o Victoria "A" cunha canteira mais que recoñecida en toda Galicia e líder da Liga Comarcal prebenxamín de A Coruña - As Mariñas. O subcampión o Xuventude de Oroso club conveniado co Celta de Vigo e líder da categoría prebenxamín en toda a zona de Santiago. Sen dúbida unha boa maneira de aprender xogando ante estos grandes equipos, e unha honra compartir cartel neste Torneo con eles, así como tamén como co Atlético Arteixo, Imperator, as Escolas Luis Calvo de Carballo ou mesmo o CD Lugo e o RC Deportivo de A Coruña que participaron tamén neste Torneo nas categorías de benxamíns e de alevíns.


No aspecto social gran xornada de convivencia e descubrimento dun novo campo de fútbol, o acolledor campo de A Barcala en Cambre, ideal para unha xornada de fútbol, comida, xogos, charlas e convivencia para todos os participantes.


Agradecer ao Once Caballeros CF de O Temple a invitación ao Torneo e tamén o inmellorable trato ofrecido a todo o persoal do Numancia de Ares; así como felicitalos pola gran organización e gran cartel do Torneo. ¡¡¡Ata á próxima¡¡¡


O Numancia prebenxamín colle vacaccións ata o xoves 8 de xaneiro. O 9-10 de xaneiro reanúdase á Liga onde o Prebenxamín "A" recibirá ao Racing San Pedro e o prebenxamín rendirá visita ao CD Cariño.


Dende a familia do Numancia prebenxamín:


¡¡¡FELIZ ANO 2015 A TOD@S¡¡¡


O Numancia somos tod@s.


¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.