PREBENXAMINS “B”: NUMANCIA “B”, 1 – PORTURIOS, 5.

UN MAL DÍA TENO CALQUERA

Partido correspondente á 5ª xornada da 2ª fase da liga local prebenxaminno seu grupo 2º, disputado no serán do venres en Prados Vellos entre o Numancia “B” e Portuarios que finalizou coavitoria dos de Ferrol Vello. Ao descanso o resultado era de 0 - 4.


Ares 19 de decembro de 2014.

FICHA TECNICA

NUMANCIA “B”: Oscar, Leo, Cristian, Alejandro (C), Mateo García, Sergio, Papa Omar e Rubén. Taménxogaron Mateo Martínez, Roi e Luis.

Adestrador: Borja Vilsánchez Rodríguez.

Delegado: Ángel Blanco Cartelle.

PORTUARIOS: Bruno Gandara, Juan, Sergio, Antonio, Daniel (C), Raúl, Iker, e Jorge. Taménxogaron Lucas, Bruno Carregal e Alex.

Adestrador: Julián Carro Aguado.

Delegado: David SalgueiroSilvar.

ARBITRO: Christian Pérez Tejerina. Sen incidencias.

GOLES: Antonio (2), Juan, Bruno e Raúl para o Portuarios, e Alejandro para o Numancia.

Partido que na primeira metade quedou visto para sentenza. Nada máis iniciarse Juan adiantaba os de Ferrol Vello. Os de Ares non reaccionaron e antes do descanso encaixaron tres novos goles para irnos aos vestiarios cun 0 - 4.

Na reanudación Alejandro acurtaba distancias, pero pouco despois Raúl volvía establecer a diferenza de catro goles para o Portuarios. Nesta segunda metade os de Ares estiveron mellor e malia o resultado en contra metéronse no partido, tiveron ocasións para apertar o marcador pero dous dos disparos locais estreláronse nos paus.

En resumo non foi un bo partido do conxunto local, onde saíron algo durmidos e os de Ferrol Vellos aproveitaron para saldar o choque no primeiro tempo.

O equipo prebenjamin "B" do Numancia retomará a competición oficial o próximo 10 de xaneiro, xornada na que os de Ares se desprazarán ata terras orteganas para xogar contra o Cariño.

Dende a ADR Numancia de Ares desexámoslle a toda a familia numantina unhas Felices Festas e un Prospero Año 2015.

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.



Numancia de Ares. Felices Festas.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.