PREBENXAMINS “A”. O VAL, 5 – NUMANCIA, “A”, 0.

SEGUIMOS APRENDENDO COS MAIS FORTES

Partido correspondente a 4ª xornada da Liga Prebenxamín grupo 1, disputado na tarde do venres no campo de fútbol de O Sinde ante numerosos espectadores de ambos equipos.

 


O Val 12 de decembro do 2014.

FICHA TÉCNICA:

SD O VAL: Borja, Adrián Felices , Álvaro, Cristian, Javi, Iago (C), Alex e Adrián Novo. Tamén xogaron: Carlos, Alexandre, Lucas e Iago.

Adestrador: César Fraga Estévez.

Delegada: Vanesa Filgueira Vila.

NUMANCIA: Marcos, Dani, Lucas, David (C), Hugo, Isma, Aketx e Ángel. Tamén xogou: Iker.

COLEXIADO: D. Roberto Landrove Sande. Sen incidencias.

GOLES:

SD O Val: Alex (2), Lucas, Cristian e Iago.

CRÓNICA:

Novo partido esixente e bonito para o Numancia na liga compricada da categoría. Desta vez tocaba xogar ante O Val por terceira vez nesta temporada. Os valexos foron superiores e desfixeron ó empate xa que nos anteriores partidos houbera unha vitoria para cada equipo.Numancia de Ares. Prebenxamíns "A".

A primeira parte comezou con claro dominio dos valexos. O Numancia aguantou o chaparrón e co paso dos minutos foi mellorando e levando algo de perigo en xogadas de contraataque. Un despiste inocente propiciaba o 1 - 0 obra de Lucas no minuto 11. Poido reaccionar o Numancia tendo Ángel, Hugo e Aketx ocasións para establecer o empate pero o 2 - 0 de Alex no 21 deixaba ese resultado no marcador de O Sinde antes de chegar ao descanso.

Na reanudación vimos un primeiro tramo bastante igualado onde uns e outros tiveron varias chegadas as porterías. O 3 - 0 de Cristian no 29 foi clave xa que foi un novo agasallo dos numantinos. Loitou ata o final o Numancia pero os goles de Iago e Alex nos minutos 45 e 49 establecían o definitivo e quizais algo excesivo 5 - 0 no marcador de O Sinde.

En definitiva, partido onde os numantinos pagaron moi caros os seus erros infantís propios de nenos de 7 anos. Os valexos venceron con claridade porque xogaron mellor e tamén porque souberon aproveitar os agasallos do pequenos Reis Magos numantinos. Foi un novo partido para aprender dos erros e para seguir madurando como pequenos futbolistas. Os nosos nenos teñen a sorte de xogar ante os mellores equipos da categoría prebenxamín algo moi importante no fútbol formativo; resultados aparte. Agardemos tamén que remate dunha vez por todas ese "gafe" que debilitou ao equipo en forma de enfermidades e lesións durante o último mes.

O próximo martes os equipos "A" e "B" do Numancia disfrutarán dunha merecida merenda de Nadal na cantina do Numancia. O Numancia "A" descansa na vindeira xornada, o Numancia "B" recibe ao Portuarios. Asímesmo o Numancia de Ares prebenxamín estará presente no III Torneo Provincial do Once Caballeros o próximo 26 de decembro en O Temple (Cambre) tendo a ocasión de xogar e compartir un día de fútbol e convivencia con grandes equipos de toda a provincia de A Coruña.

A seguir aprendendo, crecendo e disfrutando.

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.


 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.