PREBENXAMINS “A”. EUME, 0 – NUMANCIA “A”, 11.

SUBCAMPIÓNS DA PRIMEIRA FASE

Partido correspondente a última xornada da Fase Previa prebenxamín grupo 3 disputado na tarde do venres no campo de A Gándara de Pontedeume ante numerosos espectadores de ambos equipos.

 


Pontedeume 14 de novembro de 2014

FICHA TÉCNICA:

EUME DEPORTIVO: Abel (C), Dani, Aitor, Joaquín, Javi, Iván, Lucas e Miguel. Tamén xogaron: Miguel Varela, Sofia, Mario, Ottario, Miguel Pérez e Iago.

Delegado: Emilio Piñeiro González.

NUMANCIA "A": Marcos, David, Lucas, Iker, Dani, Isma, Xerar (C) e Hugo. Tamén xogou: Aketx.

Adestrador: Jorge Martínez Varela.

Delegado: José Ramón Hermida Varela.

COLEXIADO: D. Diego Bouza Pena. Sen incidencias.Prebenxamíns: Eume - Numancia "A" (Pontedeume 14/11/2014)

GOLES:

Numancia "A": Hugo (4), Xerar (2), Aketx (2), Isma, Lucas e David.

CRÓNICA:

Último partido da Fase Previa para o prebenxamín "A" no campo de A Gándara eumesa. Un partido que os nosos rapaces solventaron con facilidade e bo xogo durante os 50 minutos do partido.

Na primeira metade rápidamente adiantábase o Numancia nos primeiros minutos. Os eumeses ofrecían resistencia ata o descanso no que o resultado era de 0 - 4.

Na segunda metade o Numancia apenas baixou o ritmo o que fixo que os eumeses baixaran os brazos. Finalmente o marcador do campo eumés reflexaba un 0 - 11 favorable ao Numancia.

O Numancia "A" prebenxamín remata a Primeira Fase como subcampión do grupo 3 onde venceu todos os partidos agás na derrota ante o campión invicto do grupo, o Galicia de Caranza ao que felicitamos dende estas líneas.

Galicia de Caranza, Numancia, SD O Val e AD Miño son os equipos clasificados do grupo 3 para a Liga que dara opción a loitar por xogar o campionato provincial e tamén a loitar polo título absoluto de prebenxamíns de Ferrolterra. Estos catro equipos estarán acompañados nesa Liga polo Racing de Ferrol, Galicia de Mugardos, SD Ánimas, Galicia de Caranza "D", Rápido de Neda, Racing de Ferrol "B", Racing San Pedro e CD As Pontes.

A liga principal de prebenxamíns comeza xa a próxima fin de semana e nos vindeiros días a Delegación ferrolá da Federación Galega de Fútbol facilitará o calendario, o cal una vez dispoñamos del publicarémolo na web. Sen dúbida unha boa ocasión para que estos nenos sigan disfrutando e progresando grazas a xogar partidos cos mellores 11 equipos da categoría.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados e clasificación desta xornada.

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.