PREBENXAMINS "A". NUMANCIA, 19 - EFR FERROL "D", 1.

PRIMEIRO OBXETIVO CUMPRIDO

Partido correspondiente a 8ª xornada da fase previa da Liga Prebenxamín no seu grupo 3, disputado na tarde do venres en Prados Vellos ante numerosos espectadores de ambos equipos.

 


Ares 24 de outubro de 2014.

FICHA TÉCNICA:

NUMANCIA: Marcos, David, Iker, Aketx, Ángel, Lucas (C), Xerar e Hugo. Tamén xogaron: Isma e Dani.

Adestrador: Jorge Martínez Varela

Delegado: José Ramón Hermida Varela

EF R. FERROL "D": Abraham (C), Brais, Julio, Sebas, Samuel, Martín, Marcos e Mario. Tamén xogaron: Marcos, Jorge, Matías, Xairo e Antón.

Delegada: Natalia Varela Caínzos

COLEXIADO: D. Miguel Pena Landeira. Sen incidencias.

GOLES:

Numancia: Hugo (7), David (3), Dani (2), Isma (2), Xerar (2), Ángel, Aketx e Lucas.

EF R. Ferrol "D": Julio.

CRÓNICA:

Partido moi desigual o que disputaron o Numancia "A" e a Escola de Fútbol do Racing de Ferrol "D" este venres en Prados Vellos. A diferencia notouse desde os primeiros minutos, sendo o resultado ao descanso de 8 - 0.

Na segunda metade o Numancia seguiu ao seu con bo xogo e pese a non ter presa o resultado final foi un tanto excesivo, 19 - 1 favorable aos numantinos. Destacou na segunda metade o fermoso gol de falta directa do xogador racinguista Julio.

En definitiva, tres novos puntos que serviron ao Numancia "A" prebenxamín para cumprir o primeiro obxetivo da temporada; a clasificación matemática para o grupo 1 da Liga onde competirán os mellores clasificados de todas as fases previas.

Antes de comezar a competición de Liga, quedan tres partidos da fase previa. O próximo fin de semana os numantinos xogaran en Caranza ante o Galicia de Caranza "C". ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados e clasificación desta xornada.

 


 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.