PREBENXAMÍNS "B". NUMANCIA "B", 0 - MIÑO, 4.

DECIDIU A PEGADA

Partido correspondiente a 4ª xornada da Fase Previa da Liga Prebenxamín grupo 4, disputado na mañá do sábado en Prados Vellos ante numeroso público.

 


Ares 27 de setembro de 2014.

FICHA TÉCNICA:

NUMANCIA: Óscar, Mateo García, Rubén, Cristian, Sergio, Luís (C), Papa Omar e Mateo Martínez. Tamén xogaron: Brais, Roi e Alejandro.

Adestrador: Borja Vilasánchez Rodríguez.

Delegado: Ángel Blanco Cartelle.

AD MIÑO: Roberto, Ricardo, Xoel, Víctor, Alex, Antón (C), Pablo e Murilo. Tamén xogaron: Gael, Carlos, José, Bruno e Raúl.

Adestrador: Pablo Filgueiras Sánchez.

2º Adestrador: Sergio Fernández Paradela.

Delegado: Francisco Salido Domínguez.

GOLES:

AD MIÑO: Murilo (4).

  



CRÓNICA:

Novo partido para o equipo prebenxamín "B que nesta ocasión non poido continuar coa boa racha das últimas semanas e caeu derrotado en Prados Vellos ante o AD Miño.

Na primeira metade o control do xogo foi para o Numancia aínda que sin ter demasiadas ocasións de gol ante a portería visitante. Pola sua contra o Miño defendía con orde e aproveitou a velocidade de Murilo para marchar ao descanso cun 0 - 2 no marcador.

Na segunda metade vimos un partido mais aberto con ocasións en ambas porterías. Novamente os visitantes estivieron mais acertados anotando novamente Murilo dous goles para certificar a vitoria do Miño por 0 - 4.

En definitiva, bo partido dos numantinos ante un equipo correoso que soubo sacarlle partido a un dos seus bos xogadores. Nova ocasión para seguir aprendendo e progresando semana a semana.

A vindeira fin de semana o prebenxamin "B" do Numancia xogará en Pontedeume ante o Eume Deportivo. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

PICA AQUI para ver os resultados da xornada e a clasificación.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.