PREBENXAMINS. NUMANCIA "B", 9 - EFR FERROL "D", 2.

VITORIA CÓMODA PARA COLLER CONFIANZA

Partido corresondiente a 2ª xornada da Fase Previa da Liga Prebenxamín grupo 3, disputado na tarde do martes en Prados Vellos ante numerosos espectadores de ambos equipos.

 

Ares 16 de setembro de 2014

FICHA TÉCNICA:

Numancia: Óscar, Mateo García, Leo, Cristian, Brais, Sergio, Alejandro e Roi. Tamén xogaron: Mateo Martínez e Papa Omar.Instante partido prebenxamíns Numancia "B" - EFR Ferrol "D" (16/09/2014)

Adestrador: Borja Vilasánchez Rodríguez.

Delegado: Ángel Blanco Cartelle.

E.F.R. Ferrol "D": Matías, Marcos, Julio, Sebastián, Samuel, Antón, Martín e Luaces. Tamén xogaron: Brais, Jorge e Xairo.

Delegada: Natalia Prieto Caínzos.

Colexiado: D. Francisco Javier Piñón López. Sen incidencias.

GOLES:

Numancia: Alejandro (4), Papa Omar (2), Leo (2) e Mateo García.

E.F.R. Ferrol "D": Julio (2).

CRÓNICA:

Segundo partido de Liga para o recién creado prebenxamín "B" do Numancia. Nesta ocasión os aresáns recibiron a visita dun dos equipos do Racing de Ferrol. Os ferroláns adiantábanse no marcador no primeiro minuto, pero rápidamente Leo establecía ó empate. A igualada sería o punto de partida do Numancia para unha gran primeira metade que remataba cun marcador de 6 - 1 favorable ao locais.

Na segunda metade e co partido decidido chegaron mais goles por ambos bandos nun partido aberto e divertido que finalizou co resultado coñecido de Numancia "B" 9 – E.F.R. Ferrol "D" 2.Instante partido prebenxamíns Numancia "B" - EFR Ferrol "D" (16/09/2014)

En resumo, bo partido dun equipo numantino que mestura xogadores de segundo ano con experiencia na categoría con outros de primeiro ano que xa avisaban da sua valía en biberóns. O equipo complétase en ocasións con algún xogador en idade biberon. Un grupo heteroxeneo que se está acoplando moi ben e que a bo seguro dara moitas tardes de diversión e ledicia a parroquia de Prados Vellos. ¡¡¡¡Toca seguir progresando¡¡¡

A próxima estación do Numancia "B" prebenxamín será o campo de fútbol Javier Gómez Noya de Caranza onde o venres as 19:00 debutarán os numantinos a domicilio nesta temporada ante o Galicia de Caranza "C" en partido correspondiente a terceira xornada de Liga. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡.

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.