PREBENXAMINS. TORNEO FUTBOL SALA XARIO 2014.

UN TORNEO DIFERENTE

O pasado sábado, os prebenxamíns do Numancia disputaron o Torneo de Fútbol Sala do Xario FS no pavillón de Miño. Estos foron os partidos e os seus protagonistas:

 


Miño, 31 de maio de 2014.

NUMANCIA: Marcos, David Vilasánchez, Brais, Axel, Dani, Xerar, Hugo, Ángel e David Allegue.

Adestrador: Jorge Martínez Varela.

Delegado: Jose Ramón Hermida Varela.

FASE DE GRUPOS (2 tempos de 12 minutos).

NUMANCIA 5 – O PARRULO "B" 0.

Neste primeiro partido do Torneo, os numantinos non acusaban o cambio de superficie e arrollaban na primeira metade a un dos equipos do Parrulo.

UNIDADE DE FENE "B" 4 – NUMANCIA 2Equipo Prebenxamin do Numancia de Ares no Torneo Xario 2014 (Miño)

No segundo partido os numantinos daban a cara ante un equipo totalmente de último ano e mais acostumado a xogar ao fútbol sala; como quedaría comprobado durante a tarde na que quedarían campións do Torneo.

Con estos resultados, o Numancia pasaba a fase de eliminatorias como segundo de grupo; quedando para as eliminatorias soamente un xogador de segundo ano e seis de primeiro ano.

OITAVOS DE FINAL (2 tempos de 12 minutos).

NUMANCIA 11 – O PARRULO "C" 2

Clara superioridade do Numancia que trouxo consigo un resultado demasiado abultado.

CUARTOS DE FINAL (2 tempos de 12 minutos).

NUMANCIA 2 – O PARRULO 3.

Quedaba eliminado o Numancia ante outro dos finalistas do Torneo. Na primeira metade o histórico equipo ferrolá fixo gala da súa calidade e superioridade física para situarse cun 0 - 3 o seu favor. Na segunda metade os pequenos numantinos subíronse as barbas do Parrulo e a piques estiveron de conseguir empatar o partido; grazas tamén a unha bancada repleta de membros de moitos equipos totalmente entregada aos nosos xogadores.

En definitiva, bonito día de convivencia e moi gratificante a experiencia de pasarse por un día ao fútbol sala. Os nosos nenos non acusaron o cambio do campo á pista e rendiron a moi bo nivel no medio de moitos dos equipos clásicos do fútbol sala local.

Mandar un afectuoso saudo ao noso xogador Axel, que neste Torneo sufría unha aparatosa caída pola que tivo que recibir atención médica. Nada grave por, sorte; estamos seguros que o noso bravo xogador Axel pronto estará dando guerra nos campos de fútbol. ¡¡¡Moito ánimo campión¡¡¡

Agradecer ao Xarío FS a sua invitación ao Torneo e o seu bo trato durante o mesmo. Agardamos repetir a próxima temporada. Felicitar ao Unidade de Fene "B" campión do Torneo ao derrotar na final ao equipo de O Parrulo.

Agora o Numancia prebenxamín acudirá en pleno a festa do fútbol - 8 a celebrar este sábado no Mosteiro de Santa Catalina. Tamén seguirá adestrando un día a semana para preparar os torneos de fútbol - 8 do Raio Sadense (15 de xuño) e do CCRD Perlío (27-29 de xuño).

NINGUNA BATALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.