PREBENXAMINS. TORNEO DE CONVIVENCIA CONCELLO DE FENE.

OS MATAXIGANTES DA COPA

O pasado fin de semana, durante o venres é o sábado tivo lugar a Copa Delegación de Ferrol na categoría prebenxamíns, tendo como formato unha xornada de convivencia no campo de fútbol de Os Pinares en Fene.

 

Os Pinares, 16 e 17 de maio de 2014.

O Numancia de Ares participou con 3 xogadores do ano 2006 e con 9 nenos do ano 2007. Un equipo moi novo que sorprendeu a moitos chegando as semifinais do Torneo. Estos foron os partidos e os seus protagonistas:

NUMANCIA: Marcos, Lucas, Dani, Brais, Aketx, David Allegue, Ángel, Axel, David Vilasánchez, Xerar, Isma e Hugo.

Adestrador: Jorge Martínez Varela.

Delegado: Josée Ramón Hermida Varela.

FASE DE GRUPOS (1 tempo de 15 minutos).

NUMANCIA 0 – G. CARANZA "C" 0.

O venres pola tarde o Numancia xogaba o primeiro partido de grupos ante un equipo superior fisícamente como o G. Caranza "C". Os numantinos dominaron o partido e tiveron varias ocasións claras de gol; pero non estiveron atinados ante a portería adversaria.

NUMANCIA 6 – G. CARANZA "D".

Na mañá do sábado os numantinos conseguían clasificarse como primeiros de grupo despois de golear de forma cómoda ao Galicia de Caranza "D", anotando 4 goles Axel e 2 goles Hugo aproveitando o bo facer ofensivo de todo o equipo.

Despois destes resultados o Numancia pasaba como primeiro do grupo F. Nas eliminatorias non podería contar con Axel, polo que quedaban soamente dous xogadores de último ano para a vibrante tarde do sábado.

OITAVOS DE FINAL (1 tempo de 20 minutos).

NUMANCIA 0 – CD SAN SADURNIÑO 0 (3 - 2 pp).

Xogaban os numantinos ante un rival moi forte fisícamente. Foi un partido bastante cerrado no que non houbo moitas ocasións de gol. Na quenda de penaltis os valientes David Vilasánchez, Lucas e Brais anotaban para o Numancia conseguindo o pase para os cuartos de final do Torneo.

CUARTOS DE FINAL (1 tempo de 20 minutos).

NUMANCIA 2 – CD AS PONTES 2 (2 - 1 pp).

Estar nos cuartos de final era un premio inesperado. Enfrontarse a unha selección dos nenos de As Pontes de segundo ano era unha misión moi compricada. Pero.... ¡¡¡saltou a sorpresa¡¡¡ Os nenos do Numancia adiantábanse no marcador por medio de Hugo. Loitaban en cada xogada pese ao empate dos ponteses. Novamente Xerar adiantaba o Numancia, pero nos últimos minutos empataban os de As Pontes. ¡¡¡Nova quenda de penaltis¡¡¡

No Numancia repetían os lanzadores pero David Vilasánchez desta vez non acertaba. Non había problema, apareceu o carácter do porteiro Marcos para detener duas penas máximas que levaban ao Numancia ¡¡¡a sefiminales¡¡¡. Costaba creelo; pero.. ¡¡¡era certo¡¡¡

SEMIFINAIS: (1 tempo de 20 minutos).

NUMANCIA 0 – RACING SAN PEDRO 3.

Neste partido, os nosos pequenos guerreiros pagaron ó esforzo de toda a calurosa tarde do sábado ante un equipo moi superior no aspecto físico. Desta vez, os nenos non atoparon forzar para resistir as envestidas dos ferroláns que conseguiron con xustiza o pase a final do Torneo.

En resumo, gran actuación dun equipo moi novo e de moito futuro. Uns nenos que soamente pensan en participar e divertirse; pero que de súpeto atopáronse competindo ante os mellores equipos da categoría prebenxamín. ¿Tiveron medo?. Para nada. Soamente a falta de forzas e a lóxica final impediu que estos pequenos tiveran un premio algo maior. Pero.... ¡¡¡semifinalistas¡¡ cun 90% do equipo de primeiro ano e para estar orgullosos e contentos..... moi contentos. ¡¡¡Qué nos quiten lo bailado¡¡¡

En definitiva, fermosa fin de semana de convivencia, sentimentos, amizade, emocións, goles.... de fútbol e de nenos. Quizais son moitos partidos nun mismo fin de semana.... Pode ser que as cousas estiveran mellor organizadas doutra maneira... Hai opinións para todos os gustos. O que si é certo e que os nenos disfrutaron no campo e nas instalacións cos xogadores doutros equipos. Os adestradores e os pais compartiron cervexas (sen alcohol) e diálogos cos seus homólogos doutros equipos. Non é menos certo que a organización por parte do Concello de Fene, Delegación de Ferrol, CCRD Perlío, Cultural Maniños e SD Barallobre foi moi boa. Polo tanto soamente nos queda felicitalos e como non felicitar tamén o Narón Balompé Piñeiros, campión de Copa e tamén campión absoluto da categoría prebenxamín. ¡¡¡Noraboa¡¡¡

En canto a Numancia, rematou a temporada oficial. Subcampións de Liga no grupo 2 e semifinalistas de Copa. Eso son datos estadísticos (os que menos valen nestas categorías). Os importantes, 18 nenos facendo deporte, amigos e aprendendo de fútbol. Agora chega o tempo dos Torneos, tendo xa comprometida a participación nos Torneos do Xario FS en Miño (31 de maio), Rayo Sadense en Sada (15 de xuño) e CCRD Perlío (27 – 29 de xuño) Polo tanto.... ¡¡¡a seguir disfrutando¡¡¡

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.