PREBENXAMINS. NUMANCIA, 2 - EFR FERROL "B", 3.

GRAN PARTIDO DE AMBOS EQUIPOS

Partido correspondiente a antepenúltima xornada da Liga Prebenxamín grupo 2, disputado na tarde do venres en Prados Vellos ante un gran número de espectadores de ambos equipos:

 

Ares, 11 de abril de 2014.

FICHA TÉCNICA:

NUMANCIA: Marcos, Lucas, Brais, Aketx, Ángel (C), David Vilasánchez, Axel e Hugo. Tamén xogaron: Dani, David Allegue, Isma e Xerar.

Adestrador: Jorge Martínez Varela.

Delegado: José Ramón Hermida Varela.

EFR FERROL "B": Jesús, Javi Villar, Javi Ríos, Hugo, David, Marcos, Iker e Martín Vidal. Tamén xogaron: Alex, Olivia, Jorge, Martín Bouza, Yago e Casas.

Delegado: Ibán Balaguer Álvarez.

COLEXIADO: D. Marcos Padín Pita. Amonestou o delegado do EFR Ferrol "B", Ibán Balaguer.

GOLES:

0 - 1 (MARTÍN VIDAL) Saque de banda dos racinguistas que o Numancia non acerta a despexar. Martín Vidal faise co balón e bate a Marcos, (minuto 3).

0 - 2 (IKER) Saque de esquina dos verdes que recolle Iker para anotar o segundo, (minuto 9).

1 - 2 (PP) Balón en longo sobre Hugo. O defensor racinguista Alex Ruíz anticípase pero introduce o seu despexe na sua propia portería ante a presión de Hugo, (minuto 33).

2 - 2 (AXEL) Despois de varios rechaces na área racinguista, o numantino Axel faise co balón e anota o empate cun bo disparo, (minuto 35).

2 - 3 (HUGO) Saque de banda do Racing que recolle Hugo para anotar o gol da vitoria, (minuto 47).

 



CRÓNICA:

Gran partido o que ofreceron Numancia e Racing "B" os numerosos espectadores que acudiron a Prados Vellos nunha bonita tarde de venres. Os dous equipos que loitan polo título de Liga amosaron o porqué se atopan nas primeiras posicións das clasificacións.

Na primeira metade estivo mais metido no partido e mais tranquilo o equipo visitante. Nos minutos 3 e 9 facian dous goles tendo vantaxe de 0 - 2 no marcador. Non poido recurtar distancias o Numancia no último tramo do partido, pese a ter ocasións claras de gol David e Hugo.

Na reanudación os numantinos convertiron os nervios en garra e bo facer. Pouco a pouco foron gañando terreo os ferroláns. Os premios chegaron en forma de dous goles nos minutos 33 e 35 que establecían o empate a 2 - 2. O máis difícil estaba feito sendo o empate un resultado moito mais positivo para os numantinos que para os racinguistas. Incluso o Numancia tivo a vitoria nas botas de David cun lanzamento de falta o pau e tamén de Axel pero non houbo sorte. Si que atoparon a sorte os racinguistas xa que Hugo anotaba o 2 - 3 a falta de 3 minutos para o final, aproveitando un saque de banda. ¡¡¡Cousas do fútbol¡¡

En definitiva, gran partido de fútbol prebenxamín o que nos ofreceron estos pequenos pero á vez grandes equipos. Felicitar o EFR Ferrol "B" pola vitoria e o Numancia polo esforzo, boa imaxe e saber perder; aspectos estos últimos de vital importancia no fútbol base FORMATIVO.

Agradecer o establecemento hosteleiro VINOTECA PORTA DO SOL de Ares, que convidou a unhas deliciosas pizzas os equipos de biberóns, prebenxamíns e benxamíns do Numancia na cantina de Prados Vellos despois de desputar os seus partidos na xornada do venres. Sen dúbida, todo un detallazo cos nenos. Moitas grazas.

Agora coa Semana Santa a competición de Liga sufre un parón dunha semana. O equipo numantino descansará tamén a última semana de abril, afrontando a última xornada de Liga en Aneiros ante o Portuarios "B" no fin de semana do 2-3 de maio, con todo por decidir.

O próximo xoves 17 de abril (xoves santo) o Numancia prebenxamín participara no II Torneo de Fútbol - 8 Concello de Mugardos durante todo o día. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

¡¡¡ A SEGUIR DISFRUTANDO¡¡¡

NINGUNA BATALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.